19.00 h

Charla-coloquio sobre o libro “Calibán e a bruxa”

O martes 19 de xullo, ás 19 horas, no noso local falaremos sobre o libro Calibán e a bruxa, de Silvia Federici. Neste encontro, con Cristina Bajo, socióloga e activista feminista, faremos unha reflexión e debate sobre as cuestión que propón no libro a autora. Calibán e a bruxa é un clásico e un referente …

19.00 h

Proxección do documental “Fíos Fóra”

O luns 18 de xullo, ás 19 horas, proxectaremos no noso local o documental Fíos Fóra, de Illa Bufarda para Amarante Setem. Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva …

19.30 h

Presentación de “O Libro Negro da lingua galega”

O xoves 21 de xullo, ás 19.30 h, diante da estatua de Curros Enríquez, nos xardíns da Coruña, presentamos o último traballo de Carlos Callón O libro negro da lingua galega, editado por Xerais. Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa …

19.00 h

A defunción dos sexos

O venres 22 de xullo ás 19 horas, Daniela Ferrández Pérez, investigadora e activista LGTBIQ+, falaranos da importancia da memoria da diversidade no proceso de construción dunha cidadanía democrática e igualitaria. Efectuaremos un repaso a través de historias de persoas que viviron alén da norma sexual imposta na Galiza dos últimos 150 anos, facendo especial …

19.30 h

Presentación do “Cancioneiro da Ribeira de Piquín”

O mércores 6 de xullo ás 19.30 h, presentamos no noso local o Cancioneiro da Ribeira de Piquín, publicado pola Editorial Canela. Este libro recolle máis de 200 cantares tradicionais procedentes desa rexión da montaña de Lugo. Algúns xa están documentados no século XVIII e outros son máis recentes, mais todos eles permiten achegármonos a …

19.30 h

Detección precoz e xestión das enfermidades reumáticas

O luns 11 de xullo, ás 19.30 h, en colaboración coa Liga Reumatolóxica Galega, organizamos no noso local unha sesión informativa sobre as ERyMEs (Enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas). É necesario concienciar á sociedade en xeral do impacto das enfermidades reumáticas crónicas sobre as persoas, as familias e a sociedade, así como da necesidade dun diagnóstico precoz …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies