19.00 h

Presentación do libro “Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria”

O venres 6 de maio, ás 19 h, presentamos o libro Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa, editado por Biblos. Por virtude deste volume, a poesía, o teatro e a narrativa completas de Carvalho Calero volven estar accesíbeis para o pobo a que el entregou a súa vida. Supón unha achega fundamental …

19.30 h

Palestra arredor do espectáculo teatral “Libre coma os paxaros”

O mércores 4 de maio, ás 19.30 h, organizamos no noso local da rúa Olmos, 16, unha palestra sobre o proceso de creación do espectáculo teatral Libre coma os paxaros, con Rosalía de Castro como protagonista única nun monólogo dramático que transita polas duras circunstancias que determinan a súa vida e a da maioría de …

19.00 h

Presentación da obra dramática completa de Manuel Lourenzo

O venres 29 de abril, ás 19 h, no Circo de Artesáns (rúa Santo André nº 36) Galiza Cultura, a Federación de Asociacións Culturais da que ACAB fai parte, presenta no Circo de Artesáns a obra dramática completa de Manuel Lourenzo. Manuel Lourenzo é a figura central do teatro galego contemporáneo. E proba diso son …

20.00 h

Presentación do libro “Ausentes” de Afonso Eiré

O martes 26 de abril, ás 20 horas, na Fundación Rodríguez Iglesias (Rúa Cordelería, 32) presentaremos o libro Ausentes, de Afonso Eiré. Ausentes é a novela da emigración que Galiza precisaba. Unha visión total deste fenómeno desgarrador, das que marcharon e das que quedaron, no que se mesturan as emocións das protagonistas, cos datos históricos …

19.30 h

Presentación de Follas Novas. Revista de estudos rosalianos

O luns 18 de abril, ás 19.30 h, presentaremos no noso local o número 6 de Follas Novas. Revista de estudos rosalianos. Editada pola Fundación Rosalía de Castro Follas Novas nace con vocación de converterse nun referente dos estudos sobre a autora no ámbito internacional. Para cumprir este obxectivo a revista  preséntase dividida en seis seccións  –Artigos, Textos …

18.00 h

Mellorando o uso do galego

Neste mes de abril comezamos un novo curso de galego, Mellorando o uso do galego, impartido por Xosé Manuel Sánchez Rei. Desenvolverase durante 4 marte, comezando o 19 de abril e continuando o 26 do mesmo mes, e o 3 e 10 de maio, de 18 a 20 horas. O curso está destinado para persoas …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies