O xoves 21 de abril, ás 19.30 h, presentamos no noso local o poemario Coa luz negada, de Ricardo Seixo Fernández, editado pola Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra“, coa subvención da Deputación da Coruña. Ricardo Seixo Fernández (A Coruña-Curtis 1950), mestre polo país adiante durante corenta anos, …
O mércores 27 de abril ás 19.30 h teremos un recital poético–musical con soporte audiovisual. O actor valdeorrés Paco Campos recita (e musica) unha serie de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado co Día das Letras Galegas 2022. Será un breve pero intenso percorrido por algúns dos versos máis representativos do autor. Palabra e música …
Tras unha primeira palestra –que tivo lugar o 12 de xaneiro– na que Ricardo Gurriarán nos falou sobre a vida de Florencio Delgado Gurriarán (autor homenaxeando nas Letras Galegas de 2022) ata a súa chegada a México, nunha segunda palestra que terá lugar o mércores 20 de abril, ás 19.30 h, Ricardo Gurriarán completará o …
O xoves 16 de xuño, ás 19.30 h, falaremos con Rebeca Castiñeiras sobre cultura galega e arte urbana na provincia da Coruña. A través da aproximación ás expresións artísticas en forma de mural e graffiti, farase unha análise dos proxectos de arte urbana desenvolvidos na Coruña nas dúas últimas décadas por parte de cooperativas e …
O xoves 30 de xuño, ás 19.30 h, Alberto Pombo achegaranos ás relacións entre literatura e música no período contemporáneo. Na súa análise levanta e sistematiza as composicións musicais de corte pop baseadas en textos poéticos lanzadas entre 1960 e 1975 para, a seguir, analizar a súa influencia na literatura nun momento histórico en que …
O xoves 28 de abril, ás 19.30 h, Ánxela Cabanas falaranos da situación da autoría feminina na Galiza do século XIX. Partindo da situación autoría feminina universal, fará unha viaxe até a autoría feminina na Galiza oitocentista, tomando como referencia principal a Rosalía de Castro, por representar un discurso que hoxe podemos cualificar como feminista …