19.30 h

Presentación de “Ao sur da liberdade”

O xoves 22 de febreiro, ás 19.30 h, preséntase no noso local Ao sur da liberdade, de Xosé Henrique Costas. Despois dunha trintena de libros de lingüística e edicións de literatura galega, o catedrático de Filoloxía Galega Xosé-Henrique Costas publica a súa primeira obra de ficción, unha novela histórica titulada Ao sur da liberdade (Edicións …

18.30 h

Visita guiada á exposición “Siro. Oitenta anos e un lapis”

O luns 19 de febreiro, ás 18.30 h, faremos unha visita guiada polo propio artista, Siro López, á exposición Siro. Oitenta anos e un lapis, no Quiosco Afonso.   Este proxecto repasa a traxectoria pictórica de Siro López, ilustrador, caricaturista e humorista gráfico a través de 150 traballos. Recóllense autorretratos, obras de fantasía, paisaxes e bodegóns, caricaturas …

17.00 h

Lectura pública da obra de Rosalía de Castro

O día 23 de febreiro é o día no que se conmemora o nacemento de Rosalía de Castro. A Asociación de Escritoras e Escritores de Galiza (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB), festexan esta efeméride, un ano máis, coa lectura pública da súa obra. Realizaremos este acto diante do Teatro Rosalía de Castro …

19.00 h

Presentación de “Cinza”

O venres 9 de febreiro, ás 19 h, presentamos no noso local Cinza de Manel Cráneo. Cinza é a adaptación de Manel Cráneo do long-seller A nosa cinza, de Xavier Alcalá, con máis de 80.000 exemplares vendidos. Conta a vida de Xoán, un rapaz criado durante a dictadura franquista, orfo de nai, fillo de médico, …

19.30 h

Presentación de “Outra volta de rodicio”

O xoves 15 de febreiro, ás 19.30 h, preséntase no noso local o poemario Outra volta de rodicio, de Ricardo Seixo. “Atrás deixei corenta anos de traballo e loita no Ensino Público, para agora ver de axudar a mudar o modelo de sociedade que padecemos, convencido de que só desde o posicionamento e a loita …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies