Un poema para agosto (XVIII): Lourdes Maceiras García

A profesora e escritora, Lourdes Maceiras García (Barcelona,1955), publicaba en 2008 o poema A Coruña, dedicado á cidade herculina, que para ela é “nostalxia” e “lembranza”.

A CORUÑA

 

É nostalxia, é lembranza.

É auga que quero e vida.

É ver o tempo que pasa.

É o aire que respiras.

 

É nostalxia, é lembranza.

A lúa branca que brilla,

longa noite de esperanza,

camiño que non camiñas.

 

É nostalxia, é lembranza.

Eses ollos con que miras,

torre alta na montaña,

zoa o vento e ti suspiras.

 

É nostalxia, é lembranza.

Son o porto e máis a praia.

É o castelo coa muralla.

Son as tumbas da atalaia.

 

É nostalxia, é lembranza.

É a luz que lambe o cristal.

Son magnolios, flor e rama.

Son as brancas margaridas.

 

É nostalxia, é lembranza.

As estrelas que escintilan.

Os barcos na mar que braman.

É unha estela sobre a ría.

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies