Un poema para agosto (XVII): Xoán Abeleira Álvarez

Xoán Abeleira Álvarez (Maracay-Venezuela, 1963) dedícalle á Coruña o poema titulado, A vista de paxaro.

A VISTA DE PAXARO

 

Na Cruña

A día de hoxe

Vaivos un sol do diaño

 

As nubes escasulláronse

Baixo unha luz estereoscópica

Debullada polos anxos

 

E mentres uns

Revisten a súa ledicia

Cun traxe novo de baño

 

Outros están a seguiren

Unha mera de loito coidando na súa

Morte camiño de San Amaro

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies