Este documento contén as principais condicións xerais que rexen o acceso e o uso, así como coa privacidade das usuarias e usuarios, nos sitios e servizos en liña da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (en diante ACAB). É de aplicación para todos os sitios e servizos da ACAB na Internet en que apareza esta declaración ou que inclúen unha ligazón a ela. Sitios e servizos dos que é titular a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

O uso da web ou servizo en liña respectivo implica a expresa e plena aceptación destas condicións xerais na versión publicada no momento en que a usuaria ou usuario acceda ao mesmo, sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse a algúns dos servizos concretos dos sitios ou servizos web. As citadas Condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Xerais de Contratación que no seu caso resulten de obrigado cumprimento.

Identificación e contacto do titular da web:

A través do presente Aviso Legal, informámoslle que a páxina web con URL www.acalexandreboveda.gal (en diante, ACAB) é propiedade da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda , e CIF G15702913. O domicilio social está situado na rúa Olmos 16 1º A Coruña (Galiza).

Datos de contacto:

Enderezo electrónico: acab@mundo-r.com

Resumo da política de privacidade:

A ACAB infórmalle que todos os datos facilitados a través de formularios electrónicos e/ou mediante correo electrónico serán tratados con estrita confidencialidade de acordo co disposto no Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679, e informámoslle que ten dereito de acceso ao ficheiro, rectificación, cancelación ou oposición dos seus datos, podendo exercitar tales dereitos enviando por escrito unha solicitude a:

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Baixa datos persoais: acab@mundo-r.com

A ACAB comprométese ao uso responsable e confidencial dos datos, garantindo que os datos das usuarias trataranse de acordo coas esixencias legais, e que tan só serán utilizados pola ACAB co propósito indicado de comunicación, información e administración.

Os datos solicitados son os adecuados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e finalidades. O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose a ACAB o dereito a excluír dos servizos rexistrados a toda usuaria ou usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións legais que poidan proceder.

Mediante o envío dos formularios existentes nestas webs ou mediante o envío dunha mensaxe de correo electrónico, o remitente presta o seu consentimento ao tratamento automatizado dos datos incluídos no mesmo. En calquera caso os datos facilitados non serán obxecto de cesión a terceiros.

Aceptación por parte da usuaria ou usuario:

As webs e servizos en liña da ACAB proporcionan o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (en diante, “os contidos”) en Internet pertencentes á ACAB, aos que a usuaria ou usuario pode ter acceso.

A usuaria ou usuario comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que a ACAB ofrece a través da súa web e entre outros se obriga a non empregalos para:

1. Incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública;

2. Difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, homófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos, ou calquera outra forma de discriminación non permitidas pola nosa lexislación;

3. Provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos da ACAB, dos seus provedores ou de terceiras persoas; introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados;

4. Tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutras usuarias ou usuarios e/ou modificar ou manipular as súas mensaxes.

 Sobre a información persoal e a privacidade:

A ACAB está comprometida con protexer a privacidade das usuarias e usuarios das súas webs; queremos contribuír á defensa do dereito fundamental á protección de datos que é a capacidade que ten toda galega e todo galego para dispor e decidir sobre todas as informacións que se refiran ao pobo galego; para iso cumprimos escrupulosamente o Dereito Europeo, o Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679 e da súa normativa de desenvolvemento, estando obrigada a protexer o tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas que son as usuarias ou usuarios das nosas webs ou que acceden aos nosos servizos en liña, especialmente en relación coa súa honra e intimidade persoal e familiar. Para iso desenvolvemos os requisitos técnicos necesarios que garantan o tratamento confidencial dos datos, evitar a súa perda, alteración e acceso ou uso fraudulento.

A ACAB infórmache de que todos os datos persoais que nos facilites a través de formularios electrónicos, mediante correo electrónico, inscrición e/ou subscrición aos servizos do sitio web, serán tratados con estrita confidencialidade tal e como esixe o Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679. Neste sentido garantimos que o tratamento destes datos efectúase baixo os niveis de seguridade establecidos na Lei e que impiden a súa manipulación ou uso e acceso non autorizados por parte de terceiros que o poidan utilizar para finalidades distintas para as que foron solicitados.

Os datos persoais, como o seu correo electrónico, nome, dirección postal onde resida, número de teléfono; información demográfica: idade, xénero, preferencias e intereses, código postal… que se pidan ás usuarias ou usuarios dos distintos sites e servizos en liña da ACAB terán como única finalidade prestar os servizos para os que se soliciten, e manter cos usuarios unha comunicación fluída, enviando a través de calquera medio (correo postal ou electrónico, teléfono fixo ou móbil, SMS, MMS, Internet, WhatsApp, etc.) a información que consideramos útil e as noticias máis importantes da nosa actividade cultural; en particular as accións relacionadas con campañas electorais, candidaturas, convocatorias, actos públicos e discursos e presenza dos nosos cargos orgánicos e institucionais, etc. En todo caso a ACAB é o único destinatario dos datos e esta información poderá ser utilizada para xestionar a administración da web ou realizar estudos estatísticos de natureza interna e de carácter estritamente confidencial.

A usuaria ou usuario garante que os datos persoais que facilita son veraces e correctos, e a ACAB resérvase o dereito a excluír dos servizos do sitio web a toda usuaria ou usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito. Os Menores de idade deberán obter o permiso dos seus pais, titores ou representantes legais para poder acceder aos servizos prestados.

A ACAB non se responsabiliza no caso de que os datos sobre este tema sexan inexactos ou falsos.

A ACAB pode combinar a información recibida por parte da usuaria ou usuario desde diferentes sitios e servizos en liña da ACAB, ou recompiladas mediante outros servizos da ACAB; coa finalidade de ofrecer unha atención máis personalizada e un mellor servizo.

A ACAB non comparte a súa información de contacto con terceiros con fins comerciais, só baixo a súa petición e autorización poderemos enviarlles información de terceiros a través dos sitios en liña ou mediante correo electrónico, sempre enviado por nós. En ocasións, outras empresas contratadas pola ACAB poderán proporcionar servizos determinados; as mesmas só poderán obter datos persoais de vostede estritamente para proporcionar o servizo correspondente. A ACAB esixiralles igual cumprimento na protección de datos segundo esta Política de Privacidade.

En calquera momento pode solicitar a baixa de recepción de información enviada polos nosos sistemas, así como a baixa dos nosos rexistros. Para iso atopará en todos os correos electrónicos que reciba pola nosa banda unha ligazón ou un correo electrónico que lle permitirá solicitar a baixa correspondente. Tamén será posible solicitar a baixa a través de áreas privadas de sitios web desde as que se poderán facer modificacións dos datos así como a solicitude de baixa. A baixa do servizo ou baixa dos seus datos persoais na nosa base de datos, producirase no menor tempo necesario para executar a súa solicitude.

Desde a ACAB perseguirase a veracidade dos datos, tentando a actualización dos mesmos en relación á situación da afectada. Se os datos de carácter persoal rexistrados resultasen ser inexactos, en todo ou en parte, ou incompletos, serán cancelados e substituídos de oficio polos correspondentes datos rectificados ou completados.

Modificacións:

Co fin de mellorar as prestacións do sitio web, a ACAB resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación ao usuario, a modificar, ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos da web, de forma unilateral. Así mesmo, resérvase o dereito de modificar en calquera momento as presentes condicións de uso así como calquera outras condicións particulares.

Ligazóns:

As ligazóns contidas no sitio web www.acalexandreboveda.gal poden dirixir a páxinas web de terceiros. A ACAB non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que puidesen aparecer nos devanditos sitios, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación algunha entre a ACAB e ás persoas ou entidades titulares de tales contidos ou titulares dos sitios onde se atopen.

Lexislación e xurisdición aplicable:

A relación entre a ACAB e o usuario rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos xulgados e Tribunais da Coruña.