Bases do II Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle

Jenaro Marinhas del Valle

    1. A Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o II Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle.
    2. Os orixinais estarán escritos en galego e a temática será libre.
    3. As obras presentadas terán un máximo de 10 folios, en tipo de letra Times New Roman, e cun tamaño de letra de 12; ou ben mecanografados a dobre espazo.
    4. Establécense un 1º Premio e dous 2º premios, os cales serán publicados nos Cadernos de Teatro Alexandre Bóveda. Asemade o 1º Premio será estreado, en formato de lectura dramatizada, por ACAB Teatro, o grupo teatral da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
    5. O prazo de admisión de orixinais rematará o 10 de xullo do 2020.
    6. Os participantes e as participantes no II Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle comprométense a aceptar o regulamento das presentes bases.
    7. Os orixinais non serán devoltos aos autores e autoras.
    8. Os orixinais serán enviados ao seguinte enderezo: Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Rúa dos Olmos,16-18, 1º – 15003 – A Coruña. Figurando dentro do sobre dúas copias, outro sobre no que constará no seu exterior o lema co que se presenta o traballo, e no seu interior, os datos do participante: Nome, enderezo, título da obra e teléfono de contacto.
    9. O xurado estará formado por profesionais do sector de recoñecido prestixio.

2 Comments

  1. Enrique 10 Abril, 2018 Responder
    • AC Alexandre Bóveda 16 Abril, 2018 Responder

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies