Que pasa arredor de min?

Castelao

¿Qué pasa ó redor de min?

¿Qué me pasa qu’eu non sei?

Teño medo d’un-ha cousa

Que vive e que non se vé.

Teño medo á desgracia traidora

Que ven, e que nunca se sabe onde ven.

Ugia Pedreira:

Amancio Prada:

De pronto, como por arte de maxia, instalan o medo nas nosas vidas e o caos parece o hábitat no que nos movemos e desenvolvemos. Á mente veñen os coñecidos versos de Follas novas de Rosalía: Que pasa arredor de min?

Xa non sabemos se botar man de Celso Emilio –en Viaxe ao país dos ananos– cando pedía pechar todas as portas para que ningún galego emigrase:

A xeito de S.O.S

falo na madrugada:

Pechai tódalas portas

e que xa ninguén saia.

Parece como se deberamos ser estranxeiras na nosa patria, que dicía a poeta. Podemos dicirlles coma Díaz Castro en Nimbos: a noite é necesaria: 

Hai homes cheos de sombra,

homes a contralús

que che fan ver a Deus

coma unha mar de lus.

 

A Noite é necesaria

pra que ti poidas ver

sobre o medo e o mal

as estrelas arder.

2naFronteira:

Ou tamén podemos botar man de Daniel Salgado en Sucede para dicirlles que malia o medo e a noite, máis sofren outros:

Estar aquí,

así,

algo vivo,

contra o mar,

entre autobuses,

doe,

pero menos

que nun campamento

de refuxiados.

Sexa no medo, no caos ou na noite non deixemos que nos rouben o mes de abril:

Joaquín Sabina:

Porque abril sempre estivo e estará presente: necesitamos que chegue a primavera:

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies