Como nos vemos: o refraneiro

A Marola

O que pasou a Marola, pasou a mar toda

Segundo os entendidos, o refrán é unha frase curta de forma fixa –en xeral con rima e sentido figurado– que describe un modo de ser. Nel concéntrate a experiencia de anos e anos de existencia. Son un tesouro de crenzas prácticas, sociais, estéticas ou morais do noso pobo.

Hai refráns de todas as clases e para todas as temáticas posibles. Son numerosos os dedicados aos meses do ano e ás estacións. Evidentemente, hai refráns e refráns. Hainos que refiren unha experiencia máis obxectiva e comprobable. Se pensamos no coñecido, O que pasou a Marola, pasou a mar toda, alude ás dificultades da navegación por onda esa illa da costa de Dexo (Oleiros). Do mesmo xeito, Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar, refírese a que esa celebración –o día 2 de febreiro– coincide aproximadamente no medio do inverno. Obxectivos tamén son os ditos como: Sen palla non se fai o palleiro; Canto máis seca, máis arde a leña; Xaneiro fóra, medrou o día máis dunha hora.

Pero, non sempre é así. Referímonos á obxectividade. Moitos ditos ou refráns nos que aparece un topónimo nacen froito da rivalidade entre lugares, polo tanto son subxectivos. Con todo, nos refraneiros sempre hai un lugar –non pequeno– para estes refráns con topónimo. A continuación, examinamos algúns dos recollidos polos refraneiros.

Dentro dos ditos ou refráns con topónimo que acostuman a ser comprobables e ter bastante razón –xa falamos de que nacen de anos e anos de observación e experiencia– podemos citar os que teñen que ver con predicións meteorolóxicas. Aquí os montes e outros accidentes xeográficos xogan un papel importante:

Carapucho no Farelo, auga no pelo.

 

Cando o Pico Sacro cubre o capelo, homiños

da Ulla collede u mantelo.

 

Cando o Farelo pon a monteira, chove anque o ceo non queira.

 

Tenlle respeto á Curota cando lle vexas

capota.

 

Cando a Curota ten capela, adiviña vendaval.

 

Cando o Farelo pon o capelo, meniñas da Ulla, poñede o mantelo.

 

Cando choran as pedras do Xalo, ventan orballo.

 

Cando o Xiabre pon capa e o Xesteiras o

capelo, volve á casa polo mantelo.

 

Cando a Curota ten sombreiro, mete a

lancha en terra, mariñeiro.

 

Cando Monte Louro pon touca, chuvia

moita ou pouca.

 

Cando o Farelo ten sombreiro, os labradores que anden con xeito.

 

A praia de Panxón a roncar, bo tempo

vai entrar.

 

Berra o Mar de Fóra, lobos á coba.

 

Berra a Arnela, o demo tras dela.

 

Berra o Rostro, Dios connosco.

 

Brúa o mar de Muxía, auga para outro

día.

 

Ronca Corrubedo, mariñeiro ponte

quedo.

 Outras veces, o dito define os dun lugar cunha soa palabra. É o caso de:

Campaneiros, os de Zas.

 

Os de Vilar Donas, lobos.

 

Os de Vilapedre, coellos.

 

Os de Vilareda, gorriós.

 

Os de Vilariño, cereixeiros.

 

Os de Ventosa, borrachos.

 

Os de Santa Comba, pombos.

 

Os de San Paio, carpaceiros.

 

Os de Redondela, choqueiros.

 

Os de Quindimil, festeiros.

 

Os de Ousá, pataqueiros.

 

Os de Noia, zapateiros.

 

Os de Muros, algueireiros.

 

Os de Maceda, fabeiros.

 

Os de Carril, afogacristos.

 

Os de Buño, oleiros.

 

Os de Brántega, croeiros.

 

Os de Carmoega, fariñeiros.

 

Panadeiros, de Cea e Porriño.

 As loas dun lugar ou dun produto tamén son frecuentes:

 Os de Outeiro comen bo carneiro, e os

de Astariz mellor perdiz.

 

Os mellores queixiños, os de Curtis,

Ulloa e Bergantiños.

 

Como o val do Rosal non hai igual.

 

Para millo na Fireira, para cebolas na

Buza.

 

En Cariño hai bo viño.

 

Para comer pan e viño, a Carballiño.

 

O que ve Ancares, ve todo os

lugares.

 

O viño do Avia, ten forza, esprito e

labia.

 

O viño do Ribeiro fai andar ó mozo

lixeiro.

 

O viño do Ribeiro ten sona de

paroleiro.

 

Pra rosquillas, Ribadavia; pra vitela, O

Carballiño.

 

Pra bos viños, Ribadavia e todo o

Ribeiro do Avia.

Dentro dos ditos e refráns que conteñen un topónimo, son moi abundantes os que falan mal dun lugar ou das súas xentes, froito –como diciamos ao principio– da rivalidade entre os distintos lugares. A continuación, sinalamos uns cantos deses ditos recollidos nos refraneiros que –evidentemente– posúen un carácter subxectivo:

Ganando dous pesos na Coruña non se

pode vivir sen meter a uña.

 

Zapato burgués, besta de andadura e

amigo coruñés, pouco duran todos

tres.

 

Santa María de Cambre, todos os homes

pequenos teñen a barriga grande.

 

En Corcubión, en cada casa un ladrón.

 

Xente da Mezquita, nin boa nin bonita.

 

Xente de Meira, tropa lixeira.

 

Os de Boente, boa cara e mala xente.

 

Zapato burgués, besta de andadura e

amigo coruñés, pouco duran todos

tres.

 

O gaiteiro de Brión, cando lle dicen que

toque, muda de conversación.

 

As cabras de Bocelo, todas son dun pelo.

 

O que trata con cambotes, nunca lle

faltan calotes.

 

En Ares non te pares, en Redes non te

quedes i–en Camouco para pouco.

 

–Betanceiros, ¿que queredes? –Que suba

o pan e baixe a caña.

 

Monforte, trescentos veciños:

douscentos ladrós e os demais asesinos.

 

A Cristo matárono seis: tres da Rúa,

dous da Estación e un de Fontei.

 

No Cebreiro, nin boa meda nin bon

palleiro.

 

A xente de Escairón, pouco trato e menos

conversación.

 

Besta de Liñares, moza de Melide e

troita de Furelos, arrenega de todos tres

como do demo.

 

Xente de Meira, tropa lixeira.

 

Vaca de Ponferrada, moito ubre e

pouca canada.

 

Fonsagrada, montes sin leña, fontes sin

auga, mulleres sin honra e homes sin

palabra.

 

Os Tamaguelos matan os bois e aran cos cadelos.

 

Liz, Oxuriz e Montouto da Allariz son

tres aldeas ruís.

 

O asturiano, pouco fiel e mal cristiano.

Farelo

Carapucho no Farelo, auga no pelo

Fullscreen Mode

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies