Bóveda, no camiño da reparación moral

Desde a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda congratulámonos da noticia: o Goberno do Estado respóndelle ao deputado do BNG, Néstor Rego, que a condena de Alexandre Bóveda será declarada nula unha vez se aprobe a nova Lei de Memoria Democrática. Tras o Golpe de Estado fascista, Alexandre Bóveda foi detido –por liderar a defensa das institucións …

Alexandre Bóveda na Coruña – Paseos en agosto XVII

Este monumento –na zona de Catro Camiños, na Coruña– homenaxea a Alexandre Bóveda. A escultura de cerámica de Francisco Pérez Porto foi colocada en agosto de 2008. Era a homenaxe da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña e o Concello da cidade. O 17 de agosto de 1936 era asasinado Alexandre Bóveda na Caeira (Poio). …

A derradeira leición do mestre

A AC Alexandre Bóveda denuncia a terxiversación que o Goberno do Partido Popular fai da nosa historia e das figuras de Castelao e Bóveda. Recibir a Derradeira leición do mestre sen mencionar a represión fascista, os asasinatos franquistas é ocultar que esta obra de Castelao se inspira directamente na estampa de Galicia mártir (Valencia, 1937) …

Alexandre Bóveda, as múltiples leccións do mestre

Castelao dedicáballe a estampa número seis do álbum Galiza Mártir (1937) a Alexandre Bóveda: A derradeira lección do mestre. A estampa recrearíaa máis tarde, en 1945, en óleo. O cadro, propiedade do Centro Galiza de Bos Aires, poderase ver no Gaiás no terceiro trimestre deste 2018. O día catro de xuño cumpríanse cento quince anos …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies