Visitamos a exposición “A Coruña no Tempo”

  Guiados polo seu comisario, Manuel Gago, visitamos a exposición “A Coruña no Tempo” que se atopa na sede Afundación. Segundo Manuel Gago, a exposición é un proxecto global que reivindica a identidade urbana de Galiza. Explora os trazos que conformaron a identidade da Coruña ao longo de miles de anos de historia. Comezamos o …

Paseo pola Cidade Vella con Felipe Senén

  A cita era ás 20 horas do luns, 19 de setembro, diante a entrada principal do Xardín de San Carlos. Alí estabamos puntuais cunha temperatura moi agradable para comezar o roteiro –outro máis dentro do ciclo “Pasear para aprender”–. Neste caso, era un itinerario pola Cidade Vella cun guía de luxo: o arqueólogo e …

Agosto vai por barrios: a Cidade Vella

Declarada Monumento histórico–artístico, a Cidade Vella da Coruña correspóndese co primitivo asentamento urbano. Fundada arredor de 1208, no seu inicio a cidade estaba formada por un núcleo situado arredor da igrexa de Santa María e a zona do Parrote, coa igrexa de Santiago. Esta foi durante varios séculos a cidade, ata que o crecemento superou …

Agosto vai por barrios: Labañou

“Labañou, terra de mariñeiros” (Xurxo Souto)  Na marxe esquerda da enseada do Orzán –ao norte de Riazor– está o barrio de Labañou–San Roque (de Fóra). Ao igual que pasou con outros barrios da cidade, tamén Labañou foi absorbendo núcleos rurais. Labañou existen numerosas edificacións de protección oficial. O barrio conta cunha activa asociación veciñal. Grazas …

Agosto vai por barrios: Monte Alto

Situado nun promontorio enfronte da Torre de Hércules –no territorio da península da cidade–, nun lugar exposto ás inclemencias meteorolóxicas, o barrio de Monte Alto foi desenvolvéndose pouco a pouco e collendo personalidade propia. Arredor do século XVII comezaron os asentamentos próximos á cidade vella e que seguían os camiños que levaban á Torre. O …

Agosto vai por barrios: a Agra do Orzán

Con preto de 29.000 habitantes, o barrio da Agra do Orzán é un dos de maior densidade de poboación da cidade da Coruña. E, non só da cidade, ese medio quilómetro cadrado é un dos de maior densidade de poboación de España e mesmo de Europa. O seu rápido desenvolvemento –sen planificación– tivo lugar nos …

O porto da Coruña é de todas

Hoxe vestín a Cidade como todos os días e saín polas rúas procurando un abrigo (Luísa Villalta) Unha das cousas que nos ensinou a pandemia que estamos sufrindo desde hai máis dun ano é a necesidade de ter –e adaptar– cidades para as persoas. Vimos como precisabamos espazo para camiñar, zonas verdes e de lecer. …

A Coruña de Fernández-Albalat

“Hoxe vestín a Cidade como todos os días e saín polas rúas procurando un abrigo” (Luísa Villalta) As poetas describen, senten e dannos a súa visión da cidade, mesmo lle poden dedicar un libro á desaparición dun barrio –como fixeron Luísa Villalta con versos e Maribel Longueira con fotos á demolición do barrio do Papagaio, …

Recoñecementos e homenaxes

“o día que vos poida levar á sepultura unha cesta de pombas e mazás.” (Lorenzo Varela) Atopamos nas cidades e nas vilas recoñecementos e homenaxes a persoas destacadas da sociedade. Ben en forma de nome dunha rúa, ben nomeando un centro de ensino –biblioteca ou outro edificio público–, ben en forma de estatua ou outro …

Manuel e Urbano Lugrís na Coruña – Paseos en agosto XXXI

No cemiterio de Santo Amaro da Coruña descansan os restos do escritor Manuel Lugrís Freire. Nado en Sada en 1863, falecía na Coruña en 1940. Foi un dos principais animadores da política e da cultura galegas de principios do século XX. Manuel Lugrís foi director ou cofundador da Escola Rexional de Declamación, da Real Academia …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies