María Wonenburger na Coruña – Paseos en agosto XXVIII

Este monolito no Paseo das Ciencias –no Parque de Santa Margarida da Coruña– rende homenaxe á matemática e investigadora María Josefa Wonenburger Planells. Nada en Montrove (Oleiros) en 1927, foi –como sinala a placa– unha “muller pioneira, destacada matemática que creou unha importante escola internacional de Álxebra”. Tras cursar os estudos secundarios no Instituto Eusebio …

María Barbeito na Coruña – Paseos en agosto XXVII

Este colexio da zona do Ventorrillo na Coruña leva o nome da pedagoga, escritora e profesora María Barbeito. Unha boa homenaxe a unha docente é darlle o seu nome a un colexio, neste caso, CEIP María Barbeito. Nada na Coruña en 1880 e logo de cursar a carreira, María Nicolasa Paula Barbeito Cerviño escolleu como …

Palabras arredor da Torre – Paseos en agosto XXVI

O protagonismo da construción que os romanos levantaron na Coruña foi e é tan grande que deu lugar –durante séculos– ao nome do lugar. Para Gonzalo Navaza –”A orixe literaria do nome da Coruña”, 2016–: “Durante centos de anos, e ata o século XIII, a vila e o porto que son hoxe A Coruña foron …

Fernández Flórez na Coruña – Paseos en agosto XXIV

A escultura da Praza do Humor da Coruña rende homenaxe ao escritor Wenceslao Fernández Flórez. Nado na Coruña en 1885, publicou arredor dunhas corenta novelas e libros de relatos de humor, caracterizados estes por un humor con moita retranca. Nos Xardíns de Méndez Núñez –enfronte do edificio da Terraza– atopamos outro monumento dedicado a Wenceslao …

Manuel Murguía – Paseos en agosto XXIII

Esta concorrida rúa da Coruña –na que se atopa o Estadio de Fútbol de Riazor– leva o nome dunha das persoas máis relevantes e influentes do Rexurdimento e das primeiras décadas do século XX: o historiador Manuel Antonio Martínez Murguía. Nado no Froxel (Arteixo) en 1833, Murguía casa con Rosalía de Castro en Madrid, en …

Muíños de vento na Coruña – Paseos en agosto XXII

“Mais, como demostrou o temporal destes días de novembro, esta segue a ser a Cidade do Vento. Como tal, en todas as representacións antigas, os outeiros da Coruña aparecen cheos de muíños de vento” (“A Cidade do Vento”, Contos da Coruña, de Xurxo Souto) Porque como segue afirmando Xurxo Souto: A Coruña, na súa península, …

Marinhas del Valle na Coruña – Paseos en agosto XXI

O 23 de decembro de 1999 falecía na Coruña o escritor Jenaro Marinhas del Valle. Nado na mesma cidade o 25 de novembro de 1908, os seus restos descansan no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. Colaborou coas Irmandades da Fala, co Partido Galeguista –Fundou a Mocidade Galeguista da Coruña–, participando na campaña a favor …

Martínez Salazar na Coruña – Paseos en agosto XX

Esta rúa da cidade da Coruña –na zona coñecida como Cidade Xardín– homenaxea o arquiveiro, historiador e editor do rexurdimento galego Andrés Martínez Salazar. Sen dúbida, unha figura relevante da nosa cultura. Nado en Astorga (León) en 1846, tras acadar o título de Arquiveiro–Bibliotecario, pasou a dirixir o Arquivo Histórico de Galiza da Coruña en …

Marcela e Elisa na Coruña – Paseos en agosto XIX

Na igrexa parroquial de San Xurxo da Coruña –preto da praza de María Pita – casaron as mestras Marcela Gracias Ibeas e Elisa Sánchez Loriga. Eran as sete da mañá do día 8 de xuño de 1901. Que se teña constancia, era o primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo no Estado. Para poder levar …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies