Canuto Berea na Coruña – Paseos en agosto XVIII

Esta rúa da Coruña homenaxea o músico Canuto José Berea Rodríguez, nado nesta cidade en 1836. A el se lle debe que A Coruña contase co primeiro establecemento musical de Galiza. Estaba na Rúa Real, esquina á estreita rúa que hoxe leva o seu nome. Canuto Berea foi empresario e músico –director de orquestra, violinista, …

Alexandre Bóveda na Coruña – Paseos en agosto XVII

Este monumento –na zona de Catro Camiños, na Coruña– homenaxea a Alexandre Bóveda. A escultura de cerámica de Francisco Pérez Porto foi colocada en agosto de 2008. Era a homenaxe da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña e o Concello da cidade. O 17 de agosto de 1936 era asasinado Alexandre Bóveda na Caeira (Poio). …

Miguel González Garcés na Coruña – Paseos en agosto XVI

A escultura –preto do reitorado da Universidade da Coruña– homenaxea o poeta Miguel González Garcés, nado nesta cidade en 1916. Persoa polifacética, como poeta a crítica sitúao na Xeración de 1936: As gaivotas revoan sobre álamos. O noso amor é un andar pola praia. Indecisos, teimosos, afondándonos. Camiñamos. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade …

Emilio González López na Coruña – Paseos en agosto XV

O monumento do barrio das Roseiras da Coruña homenaxea o catedrático de Dereito Penal, historiador, deputado republicano e cronista oficial de Galiza, Emilio González López. Naceu na Coruña, en 1903: Nací el 13 de noviembre de 1903 en San Roque d’Afora, en el extremo sur occidental de la ensenada del Orzán, donde se oye batir …

Francisca Herrera Garrido – Paseos en agosto XIV

Nesta casa da Coruña –número 1 da rúa Príncipe, na Cidade Vella–, viviu a escritora Francisca Herrera Garrido, casa contigua á de Rosalía na Coruña, de quen foi amiga. Tiven unha casa guapa, E loscín roupas, e eito: E os amigos (qu’eran moitos!) Recricábanme o sombreiro… Camiñaba sobre rosas, E durmía en terciopelos. Como o …

Castro “Chané” na Coruña – Paseos en agosto XIII

En 1917 falecía na Habana o músico galego Xosé Castro González, coñecido como “Chané”. Meses despois, os seus restos chegaron á Coruña onde descansan no cemiterio de San Amaro. Así o expresaba A Nosa Terra: “No cemiterio da Coruña, preto de Curros, o seu irmán de raza, o seu compatriota, repousa xa para sempre o …

Luís Seoane na Coruña – Paseos en agosto XII

O monumento a Luís Seoane na praza do mesmo nome –no barrio de Monelos– na Coruña honra o escritor, pintor e activista cultural que –fillo de emigrantes– naceu en Bos Aires en 1910. Cando tiña seis anos –en 1916– veu a Galiza, instalándose na Coruña. Xa en Galiza, Seoane participou do ambiente das Irmandades, Nós …

Ánxel Casal e “Nós” na Coruña – Paseos en agosto XI

Nesta casa –número 6 da Rúa Real– da Coruña fundou Ánxel Casal en 1927 a Editorial Nós. Tal como sinala a placa, “publicando nela as obras principais da cultura galega do seu tempo. De aí que Castelao dixese que “Casal fixo máis por Galiza que todos nós”. Neste edificio (en obras, neste agosto da era …

Luísa Villalta na Coruña – Paseos en agosto X

Nesta casa –número 6 da rúa Vila de Laxe, preto da Falperra– da Coruña viviu a escritora Luísa Villalta. A placa da Asociación de Escritores en Lingua Galega na fachada é moi expresiva e apropiada: “Nesta casa viviu e soñou a poeta Luísa Villalta. Aquí as súas mans modelaron a lingua, os sons, o que …

Pucho Boedo na Coruña – Paseos en agosto IX

En 1929 nacía na Silva –A Coruña– un dos artistas máis admirados e coñecidos de toda Galiza: o cantante e compositor Pucho Boedo. A esvelta estatua no barrio do Ventorrillo –no que era tan querido, coma no resto da cidade da Coruña e de Galiza– fai honor á súa elegante e luminosa voz. Pioneiro no …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies