Monelos, o río escondido – Paseos en agosto VIII

Monelos dá nome a un coñecido barrio da Coruña, pero tamén a un dos mil ríos que seica ten Galiza e que cruza a cidade da Coruña. Iso si, soterrado. En tempo de pandemias onde confinamos as persoas, tamén escondemos e confinamos os ríos. Neste caso, o río Monelos. Non quedan –visibles– moitos testemuños do …

Emilia Pardo Bazán na Coruña – Paseos en agosto VII

Nada en 1851, nesta casa –número 11 da rúa Tabernas– da Coruña viviu a escritora Emilia Pardo Bazán. A mesma Pardo Bazán recoñece este lugar privilexiado da Cidade Vella: “Pero se ve –tan cerca que se me viene encima, que me parece estarla tocando…–, la fachada gótica de la iglesia de Santiago” Así é, desde …

Os nenos da varíola – Paseos en agosto VI

No lugar que hoxe ocupa o IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña –no barrio de Zalaeta– estaban o Hospital da Caridade e a Casa de Expósitos da Coruña. Na zona hai hoxe a Rúa Hospital que nos recorda o fundado en 1791 por Teresa Herrera e derrubado na década de 1960. Como dependencia do Hospital, …

Pablo Picasso na Coruña – Paseos en agosto V

Nesta casa –número 14 da rúa Paio Gómez– da Coruña viviu Pablo Ruíz Picasso entre os anos 1891 e 1895. Nado en Málaga en 1881, a etapa coruñesa foi breve pero clave para a súa formación como artista. A familia trasladouse á Coruña porque o pai foi contratado como profesor de arte no que hoxe …

Rosalía de Castro – Paseos en agosto IV

Nesta casa –número 3 da rúa Príncipe da Coruña, na Cidade Vella– viviu Rosalía de Castro coa familia en 1873, como sinala a placa da fachada. Nomeado Murguía director do Arquivo Xeral do Reino, a familia vive na Coruña entre 1871 e 1874. No segundo andar vén ao mundo a quinta filla do matrimonio, Amara, …

Curros Enríquez – Paseos en agosto III

Non é difícil atopar na Coruña o espectacular –como a fama do homenaxeado– conxunto escultórico da foto. Obra do escultor Francisco Asorey, é o monumento a Curros Enríquez, situado nos Xardíns de Méndez Núñez. Na inauguración –11 de agosto de 1934– estaban o presidente da II República Niceto Alcalá Zamora, o alcalde da Coruña Suárez …

Cornide Saavedra – Paseos en agosto II

  Nesta casa de estilo barroco situada na Cidade Vella da Coruña naceu o xeógrafo, naturalista e humanista Xosé Andrés Cornide Saavedra, no ano 1734. Así o sinala a placa do lateral. A verdade é que non tiña malas vistas Xosé Andrés. Enfronte da súa casa, a igrexa da Real Colexiata de Santa María do …

Eduardo Pondal na Coruña – Paseos en agosto I

Nesta casa da coruñesa rúa Juana de Vega –hoxe céntrica e buliciosa– viviu os últimos anos da súa vida o poeta Eduardo Pondal Abente, tal como sinala a placa na fachada do edificio.   Nado en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835, Pondal falecía na Coruña o 8 de marzo de 1917. En 1918 …

Aquí bastamos nós! As revoltas das mulleres, 1918

Imos contar un relato, unha historia de hai CEN anos, unha historia non contada, unha historia de Revoltas, unha historia de desigualdade e equidade, unha historia de REBELDÍA, unha historia de Insurrección, unha historia de Sublevación… Unha historia de mulleres   CARA A 1. As revoltas ou motíns de subsistencia, accións tumultuosas contra a carestía …

Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX

Xosé Manuel Sánchez Rei presenta a súa obra Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX editado por Laiovento. Unha edición de máis de catrocentos cantares tradicionais galegos. Foron compilados durante os séculos XVIII e XIX, na súa maioría na comarca da Coruña, e van precedidos dun estudo introdutorio de forma a situalos …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies