A Real Academia Galega –en pleno celebrado hoxe, 29 de xuño– acordou homenaxear a Luísa Villalta co Día das Letras Galegas de 2024. Cando se cumpran vinte anos do seu falecemento, a socia de honra da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda vai ter o recoñecemento merecido. En varias ocasións, a nosa Asociación dirixiuse á Real Academia …
Se no seguinte Pleno da Real Academia Galega –ese no que deciden a persoa homenaxeada coas Letras Galegas de 2023– escollesen a Luísa Villalta, estarían facendo xustiza coa súa obra e co seu exemplo de compromiso con Galiza e a súa cultura. Luísa cumpre sobradamente os requisitos que esixen os Estatutos –capítulo 2, artigo 7– …
O LUGAR DE NACEMENTO: A ALDEA (CÓRGOMO): Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras, Ourense) o día 27 de agosto de 1903. CÓRGOMO DE VALDEORRAS Meu Córgomo de Valdeorras é bocarribeira crara. Por Córgomo de Valdeorras non anda a Santa Compaña, porque o bon viño escorrenta medos, trasnos e pantasmas. Moucho, …
Con Ricardo Carvalho Calero confinado –por segunda vez– e na espera da homenaxe merecida –que desexamos continúe para o ano 2021, como piden moitas organizacións e institucións– podemos ir pensando nas Letras Galegas despois de Carvalho. Soe ser no mes de xuño cando o plenario da Real Academia Galega escolle a figura homenaxeada no Día …
Estamos no mes de maio e o protagonismo cultural é, chegado este tempo, para as Letras galegas, en xeral, e para as literarias en particular. Temos unha abondosa literatura de creación, autoras e autores que traballan e fan arte cunha ferramenta que ten séculos de historia, que se foi modelando co paso do tempo: a …
“As cousas mudam, as palavras ficam” (Ricardo Carvalho Calero) Fican as palabra e as cousas mudan. Tanto mudan as cousas dun día para outro, que era difícil imaxinar a situación que estamos vivindo hai só uns meses. Aquela alegría do pasado verán cando, por fin, a Real Academia Galega decidía homenaxear cun Día das Letras …
Despois de que ano tras ano numerosos colectivos e asociacións –entre elas a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda– reivindicasen un Día das Letras Galegas para Ricardo Carvalho Calero, a Real Academia Galega saldaba esa débeda na sesión ordinaria que celebrou o seu Pleno o 22 de xuño de 2019. Nesa sesión, a RAG acordaba dedicar o …
O día tres de xullo de 2018 a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda enviaba unha carta á Real Academia Galega solicitándolle que o Día das Letras Galegas de 2019 se lle dedicase a Ricardo Carvalho Calero. A carta remataba: É por todo iso que nos diriximos á REAL ACADEMIA GALEGA para pedirlle que salde unha débeda …
A Real Academia Galega acordou no pleno celebrado o día 7 de xullo de 2018 na súa sede da rúa Tabernas da Coruña que o protagonista do Día das Letras Galegas de 2019 era Antón Fraguas. Xustifica tal escolla a RAG porque Antón Fraguas era “Membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos …
Hai vilas en Galiza que aportaron á nosa literatura varios e importantes escritores. É como se eses lugares favorecesen a inspiración. Se Rianxo foi o berce de Castelao, Dieste e Manuel Antonio; Celanova deunos a Curros e Celso Emilio. Pois ben, o día 19 de outubro de 1869 nacía noutra desas vilas que son un …