Xa sabemos que non é suficiente con preocuparse un día ao ano –cando toca a celebración–, senón todos os días e cada segundo de cada día do ano. Con todo, non queriamos deixar pasar a data sen traer aquí algúns dos textos –dos moitos que xa vai habendo– sobre a violencia contra as mulleres. Resulta …
Hai nomes que se popularizaron de tal maneira que pasaron de xeración en xeración ao imaxinario popular, sen ter conciencia nin coñecemento exacto da súa vida nin do que significaron. Un deses nomes é o de María Castaña. No seu caso este feito aínda é máis rechamante porque mesmo se converteu en dito e pasou …
Rita Amparo López Jean naceu en Vilaboa (Culleredo) o 30 de outubro de 1885, filla de Adela Cruz Ramona Jean Toca, natural de Pamplona e do coruñés Sabino María López Núñez: viúvos os dous, casaran en Vilaboa o 14 de febreiro de 1880. Adela, formada como mestra en Cuba (alí marchara de nena co seu …
A muller deportista estivo sempre marxinada dentro da sociedade xa que o deporte é tradicionalmente un mundo de homes. Na actualidade, case todos os deportes teñen a súa versión feminina. Con todo, as mulleres deportistas permanecen, normalmente, á sombra dos seus colegas masculinos. O ciclismo feminino de competición comeza entre nós á vez que a …
Con María Miramontes comezamos unha colección que titulamos MULLER(ES) DE PALABRA para axudar a rescatar do esquecemento a mulleres de pensamento e de acción, mulleres singulares que traballaron polo progreso, pola igualdade, pola mellora de Galiza e de cada unha das galegas e galegos. O número dous desa colección foi dedicado a Mercedes Romero …
Sempre houbo mulleres insignes en Galicia. En todos os tempos, en todos os campos, baixo todas as luces. Cada unha brilla con luz propia e deixa tras de si luminoso ronsel… Seguir camiños que outras abriron para nós mais tamén abrir camiños novos para por eles andar con paso firme é o que …
Esta é unha colección contra a desmemoria, MULLER(ES) DE PALABRA, para coñecer e (RE)coñecer o traballo, o compromiso, o pensamento de mulleres galegas que puideron brillar con luz propia e deixar tras de si un luminoso ronsel, mais que o momento que lles tocou vivir opacou a súa figura e o seu traballo. En agosto …
Dise moitas veces que cada unha de nós é o que vive, o que sente, o que (re)coñece e o que lembra. Na AC Alexandre Bóveda e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) levamos un tempo traballando nun ciclo para amosar iniciativas cidadás, grupais ou individuais, comprometidas social e politicamente. Propostas que non son só multidisciplinares, …
Pequeno agasallo para persoas perdidas. Cando dou un obradoiro de escrita, unha charla de achega á literatura escrita por mulleres ou algo semellante, veño notando que os homes –poucos, nunca superan o 10 por cento do grupo–, son participativos e ata fan preguntas! Case todas esas preguntas teñen a ver con conceptos básicos do feminismo …
TRABALLANDO XUNTAS para cambiar o mundo. Para o ano que se achega presentámosvos 12 historias de loitas colectivas, 12 historias de transgresión e rebeldía, 12 historias diversas de mulleres que TRABALLARON XUNTAS coa esperanza de tomar alento para ver o momento de nos libertar.* Quixemos facer un calendario de mulleres que foron capaces de abrir …