
Rita Amparo López Jean
Rita Amparo López Jean naceu en Vilaboa (Culleredo) o 30 de outubro de 1885, filla de Adela Cruz Ramona Jean Toca, natural de Pamplona e do coruñés Sabino María López Núñez: viúvos os dous, casaran en Vilaboa o 14 de febreiro de 1880. Adela, formada como mestra en Cuba (alí marchara de nena co seu …