Grândola, vila morena Terra da fraternidade O povo é quem mais ordena Dentro de ti, ó cidade Ás 0:20h do 25 de abril de 1974 soaba en Rádio Renascença a canción de José Afonso, Grândola, Vila Morena. Era o sinal acordado do inicio da Revolucão dos Cravos, que acababa con moitos anos de ditadura e …
“…abrimos as portas a quen queira traballar connosco, porque somos xente de acción…” Fundada no ano 1976, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ten como obxectivos prioritarios a defensa da lingua e da cultura galegas. Vivimos tempos difíciles para todo o mundo e para todas as actividades. Pero, durante estes meses de pandemia, vimos e escoitamos …
Entre os nosos sinais de identidade, a lingua e a música que pasou de xeración e xeración constitúen dúas das nosas tarxetas máis significadas diante do mundo. Galiza non sería a mesma sen a súa lingua e non o sería tampouco sen a súa historia musical. Para alén da música con base tradicional que se …
Cada época do ano ten a súa música e o seu léxico particular. Os últimos días de decembro e primeiros de xaneiro –o paso dun ano ao outro– tamén teñen a súa música e o seu vocabulario propio. É o tempo de Nadal: Noiteboa, Noitevella, Aninovo, Apalpador, panxoliñas, vilancicos, cantar os reis, aguinaldo, agasallos… son …
Da importancia da obra poética de Rosalía de Castro dentro da nosa literatura e da nosa cultura –tamén da universal–, dan conta os numerosos estudos das súas obras e traducións dos seus versos a distintas linguas. Igualmente, as continuas homenaxes á súa figura nos versos doutros autores. Para valorar e recoñecer a súa figura non …
Para poñer en práctica o obxectivo de normalizar culturalmente Galiza, as Irmandades de Fala –fundadas en 1916–, dótanse dun instrumento decisivo para tal fin: o coro Cántigas da Terra. En decembro de 1916, reúnense na Coruña un grupo de intelectuais vencellados, como diciamos, ás Irmandades da Fala xunto con comerciantes da cidade coa idea de …
Entre os sinais identitarios do pobo galego, a música de transmisión xeracional constitúe, xunto coa lingua, unha das súas cartas de presentación máis significadas. Afirmarmos que o noso país non sería o mesmo sen o idioma galego, as rías, as paisaxes do interior ou a gastronomía implica tamén, por súa vez, repararmos en que tampouco …
Presentámosvos as aulas de guitarra que organizamos no noso local con Brais Morán. Que imos facer? Cóntacho o propio Brais: As aulas de guitarra que impartirei na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda serán colectivas, para todos os públicos e con duración de 1 hora semanal. Nestas clases exprésovos os meus coñecementos dun xeito moi fácil, rápido …
Xosé Manuel Sánchez Rei presenta a súa obra Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX editado por Laiovento. Unha edición de máis de catrocentos cantares tradicionais galegos. Foron compilados durante os séculos XVIII e XIX, na súa maioría na comarca da Coruña, e van precedidos dun estudo introdutorio de forma a situalos …
Queixumes dos pinos é o título do libro de poemas escrito por Eduardo Pondal e que conten o poema Os pinos mais con ese nome de “Queixumes dos pinos”, segundo nos explica Xoán Costa, existiu tamén unha coral. En xaneiro de 1922 a sociedade coral Queixumes dos pinos da Coruña (hai outra co mesmo nome …