D’aquelas que cantan as pombas y as frores Todos din que teñen alma de muller, Pois eu que n’as canto, Vire d’a Paloma, ¡Ay! ¿de que’ a terei? Xa en 1885, Curros Enríquez escribía o seu coñecido poema “A Rosalía“, con motivo do falecemento da autora. A figura de Rosalía de Castro espertou, en todas …
“Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño” (Mahatma Gandhi) Presento a testimuña dos aldraxes e doume ao medo dos primeiros homes que acenderon lumieiras nos curutos e creeron na libertá dos soños. (Celso Emiilio Ferreiro) O día 30 de xaneiro de 1948 morría asasinado Mahatma Gandhi, incansable loitador pola igualdade e …
Unha morte: a de Rosalía de Castro Rosalía morría –aos 48 anos de idade– na casa da Matanza, en Padrón, o día 15 de xullo de 1885. Ao día seguinte, 16 de xullo, era soterrada no cemiterio da Adina –en Iría Flavia– e o 26 de maio de 1891 os seu restos eran sepultados definitivamente …
“…abrimos as portas a quen queira traballar connosco, porque somos xente de acción…” Fundada no ano 1976, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ten como obxectivos prioritarios a defensa da lingua e da cultura galegas. Vivimos tempos difíciles para todo o mundo e para todas as actividades. Pero, durante estes meses de pandemia, vimos e escoitamos …
Nesta casa –número 3 da rúa Príncipe da Coruña, na Cidade Vella– viviu Rosalía de Castro coa familia en 1873, como sinala a placa da fachada. Nomeado Murguía director do Arquivo Xeral do Reino, a familia vive na Coruña entre 1871 e 1874. No segundo andar vén ao mundo a quinta filla do matrimonio, Amara, …
Parece ser que polo menos desde 1883 Rosalía viviu no lugar da Matanza (Padrón), onde a familia alugou unha casa. Nela fina a autora –aos 48 anos de idade– o día 15 de xullo de 1885. Ao día seguinte –16 de xullo–, é soterrada no cemiterio de Adina, en Iria Flavia, camposanto ao que ela …
Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentóu, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión. O poema de Rosalía …
Si un intre só conquiro darvos folgos co meu canto, ficaréi moi contente e non perciso máis nada. O versos anteriores son de Celso Emilio Ferreiro en Viaxe ao país dos ananos, de 1970. E si, folgos son os que nos cómpren na actual situación que vivimos. Desde aquí unímonos aos desexos do autor de …
Da importancia da obra poética de Rosalía de Castro dentro da nosa literatura e da nosa cultura –tamén da universal–, dan conta os numerosos estudos das súas obras e traducións dos seus versos a distintas linguas. Igualmente, as continuas homenaxes á súa figura nos versos doutros autores. Para valorar e recoñecer a súa figura non …
Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar. (Curros Enríquez) A Unión Astronómica Internacional, para celebrar o seu centenario, foi fundada hai un século, está organizando para este ano unha campaña que denomina NameExoWorlds (Nomea Exomundos) no que lle pide aos estados que dean nome a unha estrela. No caso …