Rosalía: de Adina a Bonaval

Parece ser que polo menos desde 1883 Rosalía viviu no lugar da Matanza (Padrón), onde a familia alugou unha casa. Nela fina a autora –aos 48 anos de idade– o día 15 de xullo de 1885. Ao día seguinte –16 de xullo–, é soterrada no cemiterio de Adina, en Iria Flavia, camposanto ao que ela …

Para darnos folgos

Si un intre só conquiro darvos folgos co meu canto, ficaréi moi contente e non perciso máis nada. O versos anteriores son de Celso Emilio Ferreiro en Viaxe ao país dos ananos, de 1970. E si, folgos son os que nos cómpren na actual situación que vivimos. Desde aquí unímonos aos desexos do autor de …

Música para Rosalía

Da importancia da obra poética de Rosalía de Castro dentro da nosa literatura e da nosa cultura –tamén da universal–, dan conta os numerosos estudos das súas obras e traducións dos seus versos a distintas linguas. Igualmente, as continuas homenaxes á súa figura nos versos doutros autores. Para valorar e recoñecer a súa figura non …

#Estrelarosalía

Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar. (Curros Enríquez) A Unión Astronómica Internacional, para celebrar o seu centenario, foi fundada hai un século, está organizando para este ano unha campaña que denomina NameExoWorlds (Nomea Exomundos) no que lle pide aos estados que dean nome a unha estrela. No caso …

Mulleres sen Cancelas

  Sempre houbo mulleres insignes en Galicia. En todos os tempos, en todos os campos, baixo todas as luces. Cada unha brilla con luz propia e deixa tras de si luminoso ronsel… Seguir camiños que outras abriron para nós mais tamén abrir camiños novos para por eles andar con paso firme é o que …

Rosalía, no bico un cantar

Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar. (Curros Enríquez) Os versos do inicio –de Curros– están dedicados a Rosalía. Dela é ese “ bico” do poema. De Rosalía. Sen necesidade de máis apelidos para identificala. Poucos autores e autoras haberá que recoñezamos só co nome. E, é que …

Ai, dos que levan na fronte unha estrela!

Rosalía de Castro morría na súa casa da Matanza, en Padrón, o día 15 de xullo de 1885. Ao día seguinte, recibía sepultura no cemiterio de Adina, en Iria Flavia (Padrón). En maio de 1891, os seus restos foron levados para a Capela da Visitación do Convento de Santo Domingo de Bonaval, en Compostela. Alí …

Poesía es ti… (Non crebemos as liras)

Xa nos tempos de Curros Enríquez eran malos tempos para a lírica. Así aparece no poema “Crebar as liras” de Aires da miña terra (1880): “Espaventada, atóneta, A virxe Poesía Clamóu desalentada: «¡Vates, crebade as liras!»” Claro que o poeta de Celanova non lle fixo caso á petición e seguiu coas súas “liras”, por sorte. …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies