Teatro Rosalía de Castro

Teatro Rosalía de CastroNo ano 1838, o Concello da Coruña adquiría un soar –no que hoxe é o número 37 da rúa Rego de Auga– para a construción dun teatro. Será no ano 1841 cando rematen as obras do –por aquel entón– chamado Teatro Novo ou Principal.

En 1909, múdaselle o nome para homenaxear a unha das principais figuras da nosa cultura: Rosalía de Castro. Desde ese ano, o teatro pasa a denominarse oficialmente “Teatro Rosalía Castro”, sen a preposición “de”.

Como sabemos, o noso símbolo cultural máis senlleiro é coñecido por todo o mundo polo nome de “Rosalía de Castro”, coa preposición “de” incluída.

Algunhas persoas, cando escoitan ou len o nome de “Teatro Rosalía Castro”, dubidan se se refire á nosa autora. Agora que se cumpren cento cincuenta anos da chegada de Rosalía de Castro á Coruña –para vivir na nosa cidade–, sería unha boa homenaxe que o nome oficial do teatro da rúa Rego de Auga incorporase ese “de” que leva o nome da nosa autora.

Por todo o anterior, desde a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña solicitamos ao Concello da Coruña que o “Teatro Rosalía Castro” pase a denominarse oficialmente “Teatro Rosalía de Castro”.

A Coruña a 23 de outubro de 2021

Comentario

  1. Carlos González Mazaira 27 Outubro, 2021 Responder

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies