Os irmáns Vilar Ponte e as irmás Chao Maciñeira na Coruña – Paseos en agosto XXV

Cando en 1916 se crean as Irmandades da Fala na Coruña, os irmáns Vilar Ponte e as irmás Chao Maciñeira teñen un gran protagonismo.

Placa da rúa Vilar Ponte

Será Antón Vilar Ponte –casado en 1913 con Micaela Chao Maciñeira e nados os dous en Viveiro– quen o 18 de maio de 1916 convoque unha xuntanza –á que asistiron arredor de 20 persoas– na que se acorda a creación dunha Irmandade dos Amigos da Fala. Antón Vilar Ponte foi nomeado Primeiro Conselleiro.

Rúa Rego da Auga

As Irmandades da Fala –que andarían pola zona de Rego de Auga– tiñan como obxectivo a defensa e exaltación da lingua galega.

Placa das Irmandades da Fala

A placa que recorda a fundación das Irmandades da Fala non estaría colocada, na actualidade, no lugar onde naceron realmente.

Ramón Vilar Ponte e Teresa Chao Maciñeira –que nacera en Cuba onde a familia estaba emigrada– casaron en 1919 e os dous tiveron tamén un activo papel nas Irmandades da Fala.

O labor dos irmáns Vilar Ponte e das irmás Chao Maciñeira tivo repercusión en toda Galiza. O exemplo da Irmandade da Fala da Coruña foi seguido rapidamente en todo o territorio e a partir de entón a organización estendeuse por toda Galiza.

Tumba de Chao Maciñeira

Os restos das dúas parellas descansan no Cemiterio Coruñés de Santo Amaro. Na sepultura da foto está tamén enterrado Antón. Ramón descansa noutro lugar do Cemiterio.

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies