Volver (ás aulas)

Volver ás aulas

Iniciamos o curso na asociación Alexandre Bóveda. E facémolo voltando ás aulas con este programa que imos desenvolver durante os meses de setembro, outubro e novembro. Unha oferta de cinco curso, todos gratuítos, e compostos, cada un deles, de tres sesións, en horario de 19:45 a 21.00 h.

Programa Pórtico

con Carmela Galego, historiadora da arte e divulgadora

O programa divulgativo Pórtico busca unha abordaxe completa dunha das maiores xoias do nosa historia da arte.

    1. As orixes. Desde as basílicas primitivas até a planta románica construída  polo empeño persoal do alto clero compostelán cristalizado na figura de Xelmírez e a súa intención de consolidar unha aristocracia autóctona galega.
    2. O xenio medieval. A figura do Mestre Mateo colocou a Galiza no centro da vangarda da arte cristiá.
    3. A chegada do barroco compostelán. Despois da xenial obra medieva, á cidade compostelá chega a unha nova etapa de esplendor.

PRAZAS ESGOTADAS!

 Martes 29 de setembro, 6 e 13 de outubro

Introdución á Astronomía

con Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

O único verdadeiramente necesario para gozar coa astronomía é a paciencia e a curiosidade. Neste curso empezaremos a coñecer mellor o firmamento e as regras básicas dos movementos celestes. Recoñeceremos as constelacións, aprenderemos como é a vida das estrelas e como é de grande o universo, e poremos en valor o traballo de moitos homes e mulleres que nos fixeron entender o noso lugar no Universo.

PRAZAS ESGOTADAS!

Mércores 30 de setembro, 14 e 28 de outubro

Mellorando o uso da lingua

con Xosé Manuel Sánchez Rei, profesor da UDC.

As súas sesións están pensadas para mellorar o uso do galego do punto de vista gramatical e lexical. Por iso, aínda que sexa aberto a todo o tipo de públicos, nortéase preferencialmente cara a aquelas persoas que xa empregan o noso idioma habitualmente, mais que queren aprimorar a gramática e o vocabulario.

PRAZAS ESGOTADAS!

Xoves 8, 15 e 22 de outubro

Que debes saber de feminismo?

Con Cristina Bajo, socióloga.

O curso articúlase arredor da reconstrución retrospectiva e cronolóxica do feminismo como tradición intelectual e movemento social. Trátase de explicar os tres séculos de historia do feminismo e dos diferentes feminismos a grandes trazos para poder ter unha visión global da nosa xenealoxía.

Dende o seu nacemento coas reivindicacións de igualdade das mulleres no século XVIII ata as teorías queer desenvolvidas a finais da década dos ´90 e principios do século XXI, facendo sempre unha parada no feminismo do país, no feminismo galego.

PRAZAS ESGOTADAS!

Luns, 19, 26 de outubro e 2 de novembro

Fake news: coñecelas e combatelas

con Jorge Castro, bibliotecario e comunicador.

    • Como nos informamos? dos medios de masas ás redes sociais.
    • Que entendemos por fake news? Historia e tipoloxía.
    • Opinión pública e posverdade.
    • As falacias desinformativas. Detección de fake news.
    • Verificadores: noticias, enlaces, imaxes, vídeos…
    • Ferramentas e recursos para verificación dixital.

PRAZAS ESGOTADAS!

Martes 20, 27 de outubro e 3 de novembro

Fullscreen Mode

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies