Nesta sección imos ir publicando a documentación xerada polas distintas actividades de tipo formativo que desenvolvemos na asociación.

MELLORANDO O USO DA LINGUA
Se xa sempre falas galego, mais sabes que che cómpre mellorar o vocabulario, as construcións, ou que hai moitos castelanismos que tes que desbotar… aquí tes a documentación do curso de galego Mellorando o uso da lingua da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, que dentro do ciclo Volver (ás aulas) impartiu Xosé Manuel Sánchez Rei os días 8, 15 e 22 de outubro de 2020. Logo de ver os catro planos que trata (ortográfico, fónico, morfosintáctico, semántico-lexical, pragmático-textual), o teu galego terá moita máis calidade.

Pantalla completa

BÁSICOS DO FEMINISMO
Bibliografía do curso Que debes saber de feminismo que, dentro do ciclo Volver (ás aulas), impartiu Cristina Bajo os días 19 e 26 de outubro, e 2 de novembro de 2020.

Pantalla completa

FAKE NEWS: COÑECELAS E COMBATELAS
Documento que resume o curso sobre Fake News e posverdade que, dentro do ciclo Volver (ás aulas), impartiu Jorge Castro Ruso os días 20 e 27 de outubro, e 3 de novembro de 2020.

Pantalla completa

A REVISTA NÓS E OS SEUS SUPLEMENTOS
A revista Nós foi o punto de encontro e espelho de prestigio dos intelectuais galegos do seu tempo. Estavam unidos pelo comum amor a cultura galega na teima de sentar as bases do rexurdimento de Galiza no seu idioma e na sua cultura.

Este documento fai una apresentação da revista nestes aspeitos:

  • Imprentas  e distintas localizaçãos  da revista.
  • Direção  e Conselho de Redação.
  • Colaboradores.
  • As portadas da revista cos desenhos de Castelao  nos seus quince anos.
  • Os Suplementos, menos conhecidos, pero ben interesantes.

Esta presentación desenvolveuse o 30 de outubro de 2020, coa participación de Pilar García Negro, Victorino Pérez Prieto e Felipe Senén.

Pantalla completa