Desde aquí podes descargar distintos documentos que fomos publicando ao longo destes últimos meses. Unha parte importante dos documentos que podes atopar aquí están realizados en colaboración coa AS-PG.

Tamén podes visitar a sección de Formación, onde atoparás os documentos xerados polas actividades de tipo formativo que desenvolvemos na asociación.

MAPA DO ROTEIRO DOS CINEMAS DA CORUÑA
URBANO LUGRÍS
No ano 2023 cúmprese o 50 aniversario do pasamento do pintor Urbano Lugrís ( nado na Coruña o 28 de xaneiro de 1908 e finado en Vigo o 23 de decembro de 1973).

Fullscreen Mode

EÓLICOS NO MAR. IMPACTO SOBRE O SECTOR DA PESCA
MEMORIA DE ACTIVIDADES

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2023

Fullscreen Mode

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2022

Fullscreen Mode

CICLO OUTRAS HISTORIAS DO CINEMA

A CORUÑA E O CINEMA: SINAIS DE SERENIDADE

A CORUÑA E O CINEMA: TEMPOS DIFÍCILES

A CORUÑA E O CINEMA: OS VERDES ANOS

A PRESERVACIÓN DO CINEMA

O CURTAS VILA DO CONDE E A CURTAMETRAXE EN PORTUGAL

MULLERES NO WESTERN

O CINEMA DO 25 DE ABRIL

KINUYO TANAKA

 

ACTORES E ACTRICES AFROAMERICANOS NO HOLLYWOOD CLÁSICO

 

CENTENARIO DE OUSMANE SEMBÈNE

 

CINEMA PORTUGUÉS DOS 80

 

HOLLYWOOD ❤️ URSS

 

A SIDA, A OUTRA PANDEMIA DAS NOSAS VIDAS

 

CINEMAS DOS POBOS ORIXINARIOS

 

PAÍSES AFRICANOS DE FALA PORTUGUESA

 

CINEMA E EDUCACIÓN

 

A HUMANIDADE EN PERIGO: CIENCIA FICCIÓN DOS ANOS 50

 

AS ORIXES DO CINEMA AFROAMERICANO

 

CALENDARIOS

CALENDARIO 2024

Queremos neste ano 2024 voltar a nosa ollada á literatura que nos acubilla, que nos acompañou desde hai centos de anos e lembrar de xeito moi especial as persoas pioneiras no libro galego, porque en 2024 celebramos o centenario da creación da editora Lar, mercé ao entusiasmo de Leandro Carré e Ánxel Casal. Foi unha iniciativa que recolleu o que sementara Céltiga e a Biblioteca Gallega de Martínez Salazar para editar en galego as mellores escritoras e escritores do momento. Xurdía así unha nova ferramenta onde o idioma era o esencial e abríanse novos camiños para que uns anos máis tarde nacese a editora Nós. Nestes medios, para falarmos sobre o libro e sobre a literatura, fixemos 12 escollas, mais facilmente poderían ser outras: o libro no antigo escudo da cidade, un outro libro sobre a cabeza de Santiago, o nome da nosa cidade e o Códice calixtino

Fullscreen Mode

CALENDARIO 2023

Neste 2023, estamos a festexar o centenario dunha empresa científica xigantesca, o SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS.

O SEG, que integraría a grande parte da intelectualidade galeguista, chegou a ter cincocentos asociados. Iniciaría estudos en campos en que apenas había nada até ese momento, como o da matemática, a química, a astronomía ou a economía.

O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS acabaría, de xeito dramático, co golpe de estado fascista de xullo de 1936.

Fullscreen Mode

CALENDARIO 2022

Doce centenarios nos chamaron para facermos esta lembranza de mulleres nadas hai 100 anos. Doce historias diversas, desde a de María Casares (a galega que foi a grande dama do teatro francés) até a da nosa queridísima Luz Pozo (poeta e moito máis), pasando pola de Mariví Villaverde e a memoria do exilio…

Fullscreen Mode

CALENDARIO 2021

Facemos este calendario co compromiso de traballar para dar visibilidade ao traballo realizado por mulleres e coa firme esperanza de que no 2021 poidamos convivir nun mundo onde as mulleres “sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres”.
(Rosa Luxemburgo)

Fullscreen Mode

CALENDARIO 2020

OS OFICIOS, os traballos visibles…
A épica do cotián
Desde sempre, tamén agora, as mulleres souberon berrar contra as inxustizas,
souberon reclamar salarios dignos para o seu traballo,
souberon da forza da unión,
souberon da necesidade de tecer redes de complicidade,
souberon do valor da solidariedade,
souberon…

Fullscreen Mode

CALENDARIO 2019

Para o ano 2019 presentámosvos 12 historias de loitas colectivas, 12 historias de transgresión e rebeldía, 12 historias diversas de mulleres que TRABALLARON XUNTAS

Fullscreen Mode

CALENDARIO 2018

O calendario para o ano 2018 é un calendario de pioneiras, de mulleres que foron imprescindibles no seu campo de traballo, estudo ou compromiso. Mulleres diversas na época na que viviron, no campo no que traballaron, na estela que deixaron…

Fullscreen Mode

CALENDARIO 2017

Dedicada, neste 2017 a portada a Maruxa Mallo, elaboramos un calendario mensual para lembrar acontecementos fundamentais da nosa historia.

Fullscreen Mode

SERMOS BÓVEDA

SERMOS BÓVEDA Nº 3

O número 3 da colaboración anual da AC Alexandre Bóveda con Sermos Galiza, onde se fai un repaso á actividade da agrupación con especial atención ao proxectos A Coruña das Mulleres e Mulleres sen cancelas.

Fullscreen Mode

SERMOS BÓVEDA Nº 2

O número 2 da colaboración anual da AC Alexandre Bóveda con Sermos Galiza, onde se fai un repaso á actividade da agrupación con especial atención á música e á muller

Fullscreen Mode

SERMOS BÓVEDA Nº 1

O número 1 da primeira das colaboracións anuais da AC Alexandre Bóveda con Sermos Galiza, onde se fai un repaso ao presente, pasado e futuro da asociación: grupo de teatro, lingua e literatura, Irmandades da Fala…

Fullscreen Mode

MULLER(ES) DE PALABRA
Colección para axudar a rescatar do esquecemento a mulleres de pensamento e de acción, mulleres singulares que traballaron polo progreso, pola igualdade, pola mellora de Galiza e de cada unha das galegas e galegos.

María Miramontes

Fullscreen Mode

Mercedes Romero Abella

Fullscreen Mode

Rita  Amparo López Jean

Fullscreen Mode

REPÚBLICA GALEGA
Folleto elaborado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, para dar a coñecer os sucesos que deron lugar á proclamación da República Galega en xuño de 1931.

DESCARGA

RICARDO CARVALHO CALERO
 “Eu nascin no Ferrol Vello. O Ferrol Vello é o Ferrol máis antigo, un bairro de pescadores, primitivamente, que non era outra cousa que unha vila mariñeira semellante ás da Ría enfrente do Ferrol de hoxe, por exemplo Mugardos”.

Letras galegas para Carvalho CaleroRicardo Carvalho Calero desde moi novo foi un home comprometido co seu país. Foi presidente da Federación Universitaria Escolar (FUE), membro do Seminario de Estudos Galegos. Cofundador do Partido Galeguista, integrou, con Castelao, Alexandre Bóveda, Lugris Freire, Paz Andrade e Tobio Fernández, o seu Conselho Assessor.

En 1939, terminada a guerra, foi xulgado e condenado por separatista a cadea perpetua, que sería reducida a doce anos e un día de prisión maior. Conta cun importantísimo traballo investigador. Un dos froitos dese traballo é a Historia da literatura galega contemporánea. En 1972, foi nomeado primeiro titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega.

Deixámosvos aquí o folleto que a AS-PG elaborou no 2010 para o Concello da Coruña onde se fai un repaso pola vida e a obra de Carvalho Calero.

DESCARGA

Tamén podedes descargar a infografía que publicou Sermos Galiza onde se recompila a parte da obra de Carvalho Calero máis interesante para a lingua e historia galega e a máis novidosa.

DESCARGA

PANEIS DO 40 ANIVERSARIO
Co gallo do 40 aniversario da AC Alexandre Bóveda, celebrado o pasado ano 2016, confeccionáronse estes paneis que agora se poden descargar en formato PDF, onde se recolle unha visión xeral desta longa andaina.

DESCARGA

FOLLETO DAS IRMANDADES DA FALA
A Coruña, a cidade que alumeou as Irmandades da Fala. No 2016 realizamos un despregable no que, de xeito moi breve contabamos a historia das Irmandades da Fala.

Sete “momentos” para contar o acontecemento: A Coruña, a cidade que alumeou as Irmandades da Fala//A Nosa Terra, voceiro das Irmandades//As mulleres das Irmandades//A Primeira Asemblea Nacionalista//A defensa da lingua//O teatro das Irmandades//Os libros de NÓS.

E sete persoas protagonistas dos acontecementos: Antón Vilar Ponte//Ánxel Casal//Lois Peña Novo// Rita Amparo López Jean//Víctor Casas//María Miramontes//Elvira Bao Maceiras.

DESCARGA

AS IMAXES E O PENSAMENTO DAS IRMANDADES DA FALA EN POSTAIS
Un depregable de imaxes e textos da xente das Irmandades da Fala, desde a bandeira da IdaF de Betanzos -a única que se conserva- até textos de Antón Vilar Ponte ou Víctor Casas. Mais non queriamos que ese percorrido quedara na pasado e por iso a última imaxe é de Pepe Galán, dunha peza da súa exposición de “Onte para mañá”, e o último texto é de Mª Xosé Silvar, SES, “E aínda seguimos aquí a aturar tempestades de sal…”

DESCARGA

ROTEIRO DAS IRMANDADES DA FALA
Roteiro pola cidade da Coruña para coñecer os espazos e @s protagonistas das Irmandades da Fala.

Sete espazos para resumir a pegada das Irmandades:

  1. Comezamos na rúa Álvaro Cebreiro, figura fundamental da vangarda artística galega dos anos vinte e trinta, e autor, co poeta Manuel Antonio, do manifesto ‘Máis alá!’.
  2. Imos logo á rúa Real nº 36, onde estivo a Editorial Nós, para lembrar o traballo realizado por Ánxel Casal na editorial Nós (e antes en Lar xunto a Leandro Carré).
  3. Paramos no Teatro Rosalía para falar do teatro das Irmandades.
  4. Achegaremos logo á rúa San Agostiño, onde morre Murguía.
  5. Casa do Concello para lembrar a Lois Peña Novo. Con el o nacionalismo e a lingua galega chegaba, en 1920, a un salón de plenos.
  6. Tamén na praza de María Pita, as Escolas do Insiño Galego. Era o 8 de xullo de 1923 cando a Irmandade da Fala da Coruña decide crear as Escolas de ensiño Galego.
  7. Para rematar en Rego de Auga 38, sede da Academia, onde o 18 de maio de 1916 nacen as Irmandades da Fala.

DESCARGA

HIMNO GALEGO
UNHA LETRA E UNHA MELODÍA QUE NOS IDENTIFICAN ENTRE OS POBOS DA TERRA.

O 8 de marzo de 1917 finaba na Coruña Eduardo Pondal. Entre as actividades de homenaxe realizadas está a elaboración dun himno “de peto” que recuperase a letra que o poeta escribira a petición de Pascual Veiga. Cremos que xa é moito hora de devolver o himno á súa textualidade pondaliana orixinal.

DESCARGA

2017, ANO DE MARUXA MALLO
A Real Academia Galega de Belas Artes escolleu a efeméride 1 de abril para homenaxear @s artistas galeg@s en memoria dese día do ano 1188, data en que foron asentados os dinteis do Pórtico da Gloria polo Mestre Mateo.

O 2015 foi dedicado ao Mestre Mateo; 2016 dedicado a Castelao e este 2017 dedicouse a Maruxa Mallo. Desde a A. C. Alexandre Bóveda quixemos render homenaxe a esta muller galega, artista, feminista, transgresora, vangardista, inconformista e xenial pintora, e entre as actividades realizadas está este tríptico.

DESCARGA