11

Set

50 anos do golpe de Estado de Pinochet

19.30 h

Golpe de estado. ChileO luns, día 11 de setembro, ás 19.30 h, lembraremos ese outro 11 de setembro de 1973 cando o exercito chileno se levanta en armas contra o goberno de Unidade Popular liderado por Salvador Allende.

Hai agora 50 anos que o xeneral Augusto Pinochet, co apoio do presidente dos Estados Unidos, Richard Nixon, e a CIA, comeza a exterminar aos opositores políticos:  prisión, tortura, execucións, desaparición forzada, exilio, despedimentos laborais masivos… 40.000 vítimas das cales máis de mil permanecen aínda en calidade de detidas desaparecidas.

Para lembrar esta data, para facer memoria e homenaxe faremos este encontro-palestra con Antonio Brea Ramos, licenciado en Historia e diplomado en Dirección Cinematográfica.

Contaremos tamén coa axuda de César Morán para interpretar un tema de Víctor Jara, asasinado polos golpistas, “Te recuerdo Amanda”.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies