O venres 8 de setembro, ás 19 horas, proxectaremos no noso local algunhas partes do documental chileno La batalla de Chile. La lucha de un pueblo sin armas, do cineasta chileno Patricio Guzmán.
O 11 de setembro de 1973 o exercito chileno levántase en armas contra o goberno de Unidade Popular liderado polo presidente socialista Salvador Allende.
Era setembro de 1970, cando o presidente Nixon ordenara á CIA “impedir que Allende asuma o poder, ou merece o derrocamento”. Comezaba así a prepararse ese golpe de estado financiado e instigado por la CIA contra o goberno e o pobo chileno.
Hai agora 50 anos (11 de setembro de 1973 ) que o xeneral Augusto Pinochet, co apoio do presidente dos Estados Unidos Richard Nixon e a CIA, comeza a exterminar aos opositores políticos: prisión, tortura, execucións, desaparición forzada, exilio, despedimentos laborais masivos… 40.000 vítimas das cales máis de mil permanecen aínda en calidade de detidas desaparecidas.
A este documental seguirá o luns 11, día do 50 aniversario do golpe, unha palestra de Antonio Brea na que reflexionará sobre as relacións entre a historia e o cinema a partir da obra de Patricio Guzmán.
Antonio Brea Ramos é licenciado en Historia e diplomado en Dirección Cinematográfica, e os seus intereses, aínda que moi variados, céntranse na utilización do cinema para o estudo, o ensino e a divulgación da Historia.
Se queres asistir a proxección deste documental, envíanos os teus datos a través deste formulario: