04

Dec

Presentación de “A estrela que nos guía”

19.30 h

A estrela que nos guíaO luns 4 de decembro, ás 19.30 h, presentaremos o libro A estrela que nos guía, de X.R. Freixeiro Mato.

A lingua galega é o maior patrimonio que o conxunto da sociedade galega actual recibiu como herdanza das persoas que historicamente as precederon como habitantes do antigo reino da Galiza. Porén, tal herdo do pobo galego está hoxe en serio perigo pola marxinación e desprezo de que durante séculos foi obxecto por parte dun poder alleo contrario aos intereses do noso país, mais tamén pola política lingüística seguida no período autonómico polos gobernos do Partido Popular (PP) e desde 2009 até á actualidade pola acción regresiva e lingüicida levada a cabo, con evidente suceso, por gobernos da mesma cor política. O galego áchase neste momento en grave perigo e de nada valería edulcorarmos o seu estado. Se queremos pór isto en relevo, non é para convocarmos ao desánimo. A intención é totalmente a contraria: alertarmos dunha situación que aínda estamos a tempo de revertermos, antes de que sexa demasiado tarde. Ocultarmos a realidade non serviría para máis nada que para dificultar a posibilidade de procurarmos a solución do problema.

Xosé Ramón Freixeiro Mato é catedrático da Área de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña. Entre as súas liñas de traballo están a gramática, a lingua literaria e a estilística. Autor de numerosos ensaios: Lingua galega: normalidade e conflito, Gramática da Lingua Galega, Os marcadores discursivos: conectores contraargumentativos no galego escrito, Lingua, nación e identidade, Lingua de calidade, Estilística da lingua galega, Idioma e sociedade.

No acto estará, ademais do autor, Suso Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras.

Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies