O luns 13 de novembro, ás 19 h, teremos connosco a Carme Adán para falarnos da forza das mulleres: o feminismo como elemento central do cambio social.
A idea neoliberal de que no existe alternativa, inoculada desde o consumismo e o individualismo, impide a creación de imaxinarios alternativos de vida e xustiza global. Non obstante, e fronte a ese dogma, os feminismos mostran unha capacidade de transformación social real, material e simbólica que nesta palestra abordaremos desde tres nocións, a saber, violencia, vulnerabilidade e coidados. Conceptos reflectidos en dous filmes galegos recentes, Matria e O corno, expresión doutra mirada sobre as mulleres e a súas experiencias.
Carme Adán é doutora en filosofía e ensaista, presidiu a Aula Castelao de Filosofía e coordina a sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega. Foi Secretaria Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza.
Este faladoiro fai parte do ciclo Pensando o Futuro, que rematará o vindeiro luns 27 de novembro coa intervención de Rubén Cela falando da intelixencia artificial e novas tecnoloxías lingüísticas, oportunidades para a lingua galega.
Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario: