O mércores 25 de outubro, ás 19.30 h, e dentro do ciclo 100 anos do Seminario de Estudos Galegos, Teresa López falaranos da literatura do SEG.
Os tempos do Seminario de Estudos Galegos son tamén os de intensos debates sobre a renovación da literatura galega, en que algúns dos seus membros terán un papel destacado. O propio SEG como institución prestará atención á literatura como obxecto de estudo, contribuíndo a colocar o período medieval como alicerce principal dunha tradición propia. Neste marco, revisaremos os contributos á literatura e/ou aos estudos literarios de Cotarelo, Bouza-Brey, Filgueira Valverde, ou Carvalho Calero, membros senlleiros desta institución.
Teresa López é profesora na área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña. Actualmente é directora do Departamento de Letras e coordina o grupo ILLA. Nos seus traballos de investigación sobre a literatura galega contemporánea prestou especial atención ao período 1916-1936.
Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario: