13

Mar

Arte na Coruña baixo medieval

19.30 h

Arte na Coruña baixo-medievalO luns 13 de marzo, ás 19.30 h, teremos connosco a María Dolores Barral Rivadulla, profesora titular de Historia da Arte na USC, para falarnos da Arte na Coruña baixo medieval.

Comezamos con esta palestra un ciclo baixo o título O Románico: Galiza na vangarda. Serán catro palestras e unha saída para visitar algunhas mostras da arte do románico en Galiza.

Ademais desta palestra de María Dolores Barral, neste ciclo contaremos tamén con:

  • Francisco Luengo, o luns 20 de marzo para falarnos dos instrumentos musicais na Galiza Medieval.
  • Ramón Yzquierdo, o luns 27 de marzo que falará sobre a catedral de Santiago na Era compostelá: a alianza do regnum e o sacerdotium para a configuración dun templo nacional.
  • Pedro Siaba, o luns 10 de abril disertando sobre a aproximación ao románico na Costa da Morte.
  • E remataremos con esa saída programada o sábado 15 de abril.
PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies