02

Xuñ

Asemblea Constituínte de Avante LGTB

20.00 h

Asemblea Avante LGTBA coordinadora de Avante LGTB Convida ás compañeiras LGTB da Coruña e proximidades a participar na Asemblea Constituínte de Avante LGTB Coruña, este sábado ás 20.00 h no local da nosa asociación, na rúa Olmos 16 1º, A Coruña.

Avante LGTB é unha asociación de carácter asambleario, horizontal e apartidista de loita en pro do colectivo LGTB constituída en Santiago orixinariamente e en proceso de expansión ó longo de Galicia.

Os piares fundamentais atópanse na libertade sexual, o feminismo, o anticapitalismo e a acción a nivel galego. Por ende esta asemblea aberta convocada pretende principalmente constituír un grupo local en Coruña.

Deste xeito, dende un grupo provisional previamente construído no cargo de coordinar o evento así coma dos asistentes determinaranse as regras que rexerán o funcionamento do mesmo, os seus obxectivos e asignarase un comité coordinador; ademais falarase de futuras accións e campañas abertas a suxestións.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies