13

Out

Camilo Díaz Baliño. Transmitindo herdanza e savoir faire

19.30 h

O Poema da Cruña

Ilustración da Torre de Breogán de Camilo Díaz Baliño para a capa do libro O Poema da Cruña (1933) de Xosé Rubinos, impreso na Editorial Nós (Santiago de Compostela, dirección Anxo Casal).

O xoves 13 de outubro, ás 19.30 h, Iria-Friné Rivera Vázquez ofrécenos unha conferencia adicada a visión que Camilo Díaz Baliño tiña da Arte, a Historia e a imaxe pública, considerada revolucionaria dende os comezos da súa carreira. Estes temas serán explorados de forma inmersiva, facendo referencia a lenzos, ilustracións, deseño gráfico, escenografías, caracterizacións e textís. Trátase dunha retrospectiva na que recollerase as suas obras icónicas de trinta anos de carreira.

Iria-Friné Rivera Vázquez é historiadora da Arte e autora de artigos, conferencias e libros como A orixinalidade radica na orixe (2020) e O legado pioneiro de Camilo Díaz Baliño (2021).

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies