10

Feb

Castelao. Unha arte para ver, ler e pensar

19.30 h

Miguel Anxo Seixas

Miguel Anxo Seixas (fotografía de Xurxo Lobato)

O xoves 10 de febreiro ás 19.30 Miguel Anxo Seixas ofrécenos a palestra Castelao. Unha arte para ver, ler e pensar.

Nela explicaranse as distintas concepcións e teorías da arte profesadas por Castelao e as diferentes manifestacións plásticas nas que se expresou ó longo da súa vida. Miguel Anxo Seixas Seoane é un historiador galego, licenciado en Historia da Arte Moderna e Contemporánea na USC. Entre as súa obras podemos destacar O Camiño de Santiago (1990), Ánxel Casal (1995), Castelao pintor (2006, Galaxia) e Quen fora pedra (2017). A súa obra, en tres volumes, editada por Galaxia Castelao. Construtor da nación aborda, dunha maneira definitiva, a vida e a obra de quen foi unha das personalidades fundamentais na construción da nación galega.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies