03

Abr

Presentación da revista Clara Corbelhe

19.30 h

Clara CorbelheO mércores 3 de abril, ás 19.30 h, acollemos a presentación da revista Clara Corbelhe. 

Esta revista Clara Corbelhe nace no ano 2021 coa intención de elaborar e divulgar pensamento crítico en Galiza. Desde os seus comezos compaxinou a edición dixital coa impresa, que anualmente chega ás casas e quiosques do país, un único número reivindicando a leitura pausada.

A edición do 2024 trata arredor da cuestión do extrativismo, aquel directamente relacionado co medio natural, pero tamén a nivel intelectual e, o que é máis relevante, sobre as formas de resistencia a este fenómeno que hoxe se poñen en práctica na Galiza.

Os poñentes serán Borxa Colmenero e David Castro, membros do comité de redacción da revista.

Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies