O venres, día 22 de setembro, ás 19.00 h, inauguramos unha nova exposición pictórica: Díaz Ferrer, un artista valdeorrés universal.
Nado no Barco de Valdeorras en 1922, Xesús Díaz Ferrer desenvolveu unha fecunda e prolífica actividade creadora. Utilizou e dominou múltiples técnicas e materiais: pintura, escultura, relevo, colaxe, gravado, cerámica… Posúe tamén unha enorme variedade de temas: paisaxes, retratos, bodegóns, nus, temática relixiosa, social e satírica, composicións abstractas, costumistas, surrealistas…
A crítica (María Fidalgo Casares) considera a Díaz Ferrer o elo necesario entre as vangardas europeas do século XX e Galiza. Díaz Ferrer é un artista integral das vangardas do século XX.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: