O luns 6 de novembro, ás 19.00 h, e dentro do ciclo Pensando o Futuro, Elvira Souto ofrécenos a palestra Digo censura?
Rohinyhas e delitos de ódio. Greta Thurnberg e livros de texto. Mar de Lumes e efeito contaminante. Bandeiras v. solidariedade. Hamas e censura a contrario sensu. Universitarios e machismo. Censura zero?
Conceptos como internacionalismo, guerra, machismo, teñen historicamente unha presencia de peso na linguaxe política pero as chaves nas que estas se expresan mudan co tempo e deben ser constantemente repensadas, tanto polas súas evolucións como pola aparición de novos escenarios nos que a censura tamén é de plena actualidade.
Sobre estes piares, a activista soberanista, e polos dereitos civís, Elvira Souto dará a súa persoal visión sobre a conxuntura social e política que enfrontamos.
Elvira Souto foi profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura na UDC. É membro da comisión lingüística da Associaçom Galega da Língua e dirixente de Esculca, o observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades civís en Galiza.
Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario: