18

Xul

O Estatuto de Autonomía de Galiza

20.00 h

O Estatuto de Autonomía de GalizaO Estatuto de Autonomía de Galiza. Da Asemblea de Concellos ás Cortes republicanas no exilio (1931-1945)

Palestra con Uxío Breogán Diéguez Cequiel, profesor da Universidade da Coruña.

Entre 1932 e 1945 desenvolveuse un intenso proceso en favor do recoñecemento nacional da Galiza, a partir da aprobación dun “Estatuto de Autonomía”. Tratábase de darlle corpo legal ao país, contando cun Parlamento propio; recoñecendo legalmente o idioma da Galiza e o seu feito diferencial, tecido ao longo de séculos.

A tal fin, o Partido Galeguista comandou no tempo republicano unha campaña desde o seu nacemento (1931), que tivo na Asemblea de Concellos de 1932 e no Plebiscito estatutario de 1936 os seus dous principais fitos.

Completados estes dous feitos históricos pola aprobación definitiva, no exilio, do Estatuto de Autonomía de Galiza, após o golpe militar de xullo de 1936, no marco das Cortes españolas reunidas en México.

Uxío-Breogán Diéguez Cequiel é licenciado en Historia pola USC e doutorouse en Historia Contemporánea pola Universidade de Barcelona coa tese Nacionalismo Galego. Desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975). Profesor na Universidade da Coruña, os seus temas centrais de estudo e investigación son a historia do nacionalismo galego e os movementos sociais no tempo contemporáneo. Forma parte da Xunta Reitora e Padroado da Fundación Alexandre Bóveda desde 2003, entidade da que é presidente desde decembro do 2014. Foi un dos cofundadores de Murguía. Revista Galega de Historia.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies