20

Mai

Grupo de teatro de ACAB: “Eu queríame casare”

21.00 h

Eu queríame casareO noso grupo de teatro da AC Alexandre Bóveda representa, o sábado 20 de maio, ás 21 horas, no salón de actos do IES Rosalía Mera, o espectáculo Eu queríame casare.

Eu queríame casare é unha comedia de teatro escrita por José Luís Prieto. O protagonismo recae en Lola e Antón, seres “especias” que se coñecen nun programa de primeiras citas. A sua relación vaise desenvolver sempre diante dunha cámara do programa de TV correspondente ata rematar nun deses que fai o seguemento ás parellas que van casare. ACAB Teatro divídea en 4 sketchs moi divertidos.

A representación encádrase dentro do XXIV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado organizado pola Deputación Provincial da Coruña. A entrada é de balde.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies