14

Nov

Feminismo e dereitos democráticos

20.00 h

Goretti SanmartínO xoves, día 14 de novembro, ás 20 h, teremos unha nova palestra do ciclo “Para estar no mapa do mundo”. Nesta ocasión, Goretti Sanmartín, activista feminista e profesora, falará sobre Feminismo e dereitos democráticos.

Que poden facer as institucións para garantir os dereitos das mulleres? Existe unha democracia sen feminismo? Que ámbitos precisan máis impulsos para que algo se mova? Cales son as causas do incremento dos delitos sexuais? Que avances houbo e por onde debemos camiñar? Esta palestra abordará eses e outros interrogantes e tentará dar algunhas chaves para continuarmos avanzando cara a unha sociedade onde as mulleres non sexan discriminadas polo feito de o seren.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies