22

Feb

Recital Florilexio: versos e poemas escollidos

20.00 h

FlorilexioA agrupación ACAB Teatro convídavos ao Recital FLORILEXIO que terá lugar o vindeiro martes 22 de febreiro ás 20 h no local da ACAB.

Como indica o título, o recital é unha escolla de diferentes poemas galegos por parte dos integrantes do grupo. A premisa foi escoller aqueles poemas ou versos que lles fixese sentir algún tipo de emoción que remexera dalgún xeito o seu sentir. Así, este o noso FLORILEXIO vai dende o disfrute, gozo e celebración do nadal pasando pola beleza da choiva, o amor desexado ou ausente ata aqueles poemas mais reivindicativos. Autoras e autores como Rosalia de Castro, Lino Braxe, Ricardo Seixo, Luisa Villalta, Lorca ou Lupe Gómez foron escollidas e escollidos por estas e estes interpretes que porán o seu corazón neste recital.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies