17

Feb

Presentación da revista Follas Novas dedicada a Murguía

19.30 h

Revista Follas NovasO venres 17 de febreiro, ás 19.30 h, preséntase no noso local o número da revista Follas Novas dedicado a Murguía.

Coincidindo coa celebración do centenario do seu falecemento, Murguía protagoniza este sétimo número da revista editada pola Fundación Rosalía. Este exemplar recolle estudos de especialistas como Xosé Estévez, Manuel Forcadela, Xosé A. Fraga, Narciso de Gabriel, Aurora López e Andrés Pociña, José Luís do Pico e Francisco Rodríguez, entre outros. Entre os temas que se abordan, están “desde a súa ascendencia vasca, o seu celtismo, a súa relación co naturalista Vítor López Seoane, o seu pensamento sobre o medievo, unha publicación escolar que realizou (La primera luz), ou o apéndice musical da súa Historia de Galicia”.

Na presentación interveñen:

  • Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía.
  • Xosé Luís Axeitos, director da revista.
  • Pilar García Negro, do Consello de Redacción da revista e autora dun dos artigos.
  • Xosé Antón Fraga, autor dun dos artigos da revista.

As persoas asistentes levarán de agasallo este número da revista.

Se tes interese en asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies