08

Xul

Presentación de “Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán”

19.30 h

Galiza e feminismo en Emilia Pardo BazánO xoves 8 de xullo ás 19.30 h presentaremos o libro Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán (Alvarellos Editora, 2021), de María Pilar García Negro.

A autora do presente volume formula –e dá resposta– nestas páxinas a varias cuestións relevantes arredor da personalidade e da obra de Emilia Pardo Bazán. Como era realmente o seu feminismo? Como exercía de galega e que imaxe do país contruíu e difundiu por España? Cal era o seu posicionamento político o ideolóxico? E cal foi a súa actitude cara á lingua e a literatura galegas e, en concreto, que tratamento dispensou a Rosalía de Castro? María Pilar García Negro deixa falar, en todos estes asuntos, á propia Emilia Pardo Bazán. Será ela, a través das súas obras e das súas declaracións, quen vaia retratándose. Unha obra que presenta unha ollada ben diferente sobre a escritora coruñesa neste ano 2021 no que se conmemora o centenario da súa morte.

Acompañaran á autora Manuel Fernández Blanco e Henrique Alvarellos.

Para lograr un aforo máis amplo que o que permite o noso local nos tempos de pandemia, realizaremos a presentación ao aire libre, diante da estatua de Curros Enriquez. Ao realizarse no exterior, non é necesaria inscrición previa.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies