16

Nov

Grupos de Apoio Mutua: con Rostro de Muller?

19.00 h

PRAZAS ESGOTADAS!

O luns 16 de novembro, ás 19.00 h, no noso local da rúa Olmos 16-1º, Jana Eiroa, activista polos dereitos humanos, e Marta Cortacans, voluntaria GAM, falarán sobre o tema dos grupos de Apoio Mutua: con rostro de Muller?

A experiencia dos Grupos de Apoio Mutuo (GAM) dende unha perspectiva feminista. Son grupos creados de xeito espontáneo pola veciñanza a raíz do confinamento de producido pola pandemia do COVID no Concello da Coruña, coa finalidade de apoiar dende a cercanía ás veciñas con menos recursos e/ou en estado de vulnerabilidade.

A charlase tratará tanto da nosa experiencia persoal como mulleres dentro da organización como nunha breve reseña estatística da participación das mulleres como voluntarias e demandantes.

A actividade encádrase dentro do ciclo Mulleres e realidades comúns, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies