07

Feb

Historia da emigración galega

19.30 h

Historia da emigración galegaO mércores 7 de febreiro, ás 19.30 h, Jorge Castro falaranos da historia da emigración galega.

Nesta palestra farase un repaso á historia da emigración galega desde o século XIII ata os anos 70 do pasado século. Coñeceremos as distintas causas que impulsaron este fenómeno ao longo do tempo e as consecuencias que para Galiza supuxo esta sangría migratoria. Veremos cal era o perfil da persoa emigrante en cada época e o papel da muller neste fenómeno. Remataremos coñecendo a evolución do movemento asociativo galego, desde os grandes centros (Habana, Bos Aires, Montevideo…) ata as sociedades parroquiais.

Coñecer esta historia axúdanos a comprender a Galiza actual e a entender a Galiza da diáspora.

Jorge Castro Ruso é bibliotecario. Desde o ano 1990 ata o 2007 impartiu cursos en centros galegos da Arxentina, Uruguai, Brasil, Venezuela, Cuba, Alemaña e Suíza. Traballou en diferentes etapas na Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. 

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies