01

Feb

Outras historias de cinema: Ida Lupino

19.30 h

Ida LupinoO xoves 1 de febreiro, ás 19.30 h, Martín Pawley ofrece no noso local, dentro do ciclo Outras historias de cinema, unha palestra dedicada a Ida Lupino.

Actriz notábel asociada a clásicos fundamentais do cinema negro de autores coma Raoul Walsh, Nicholas Ray ou Fritz Lang, Ida Lupino púxose detrás das cámaras para escribir e dirixir, a través da súa propia produtora, media ducia de filmes maxistrais que se atreveron a tocar cuestións espiñentas –o aborto, a bigamia, os embarazos non desexados– cunha perspectiva audaz no fondo e na forma. Foi a única muller que conseguiu estrear longas propias de ficción na América dos anos 50 mais foi, sobre todo, unha directora de inmenso talento cuxa obra celebraremos nesta sesión que abre unha breve serie dedicada a mulleres cineastas.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies