16

Nov

Inauguración da exposición “Galiza, un pobo, unha selección”

19.00 h

Galiza, un pobo, unha selecciónO martes 16 de novembro, ás 19 h, inauguramos a exposición Galiza, un pobo, unha selección no espazo Normal da Universidade da Coruña (Paseo de Ronda 47)

A Plataforma Vía Galega, a cal pertence a AC Alexandre Bóveda xunto a máis de 60 colectivos culturais, sociais e deportivos de toda Galiza, está a desenvolver a campaña “Galiza, un pobo, unha selección“.

O obxectivo da campaña é exixir o dereito a que Galiza poida competir profesionalmente e a nivel oficial en todas as disciplinas deportivas, tanto nas seleccións masculinas como femininas. Pretende, para alén disto, contribuír a fortalecer a autoestima e a conciencia nacional mediante o deporte; a potenciar os deportes galegos, a súa historia e a importancia para a nosa cultura; ademais de incidir na galeguización do deporte e de impulsar a igualdade de xénero.

Entre as accións que sustentan a campaña hai unha exposición que percorrerá 35 localidades galegas con 20 paineis sobre a historia do noso deporte e as súas reivindicacións. Unha das primeiras localidades en se expor será A Coruña. Concretamente entre os días 16 e 30 de novembro estará no segundo andar da NORMAL (antiga escola de Maxisterio), equipamento cultural da Universidade da Coruña que se encontra no Paseo de Ronda, 47. A inauguración da exposición será o martes (terza feira), 16 de novembro, ás 19 horas e contaremos coa presenza da vicerreitora de Cultura e Deporte, Cristina López Villar, co comisario da exposición, o xornalista de Nós Diario, Héctor Pena, o Deputado provincial responsable da área de Cultura, Xurxo Couto, e coa portavoz nacional de Via Galega, María Xosé Bravo.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies