O vindeiro xoves día 21 de setembro, ás 19.30 h, as compañeiras de SOS Racismo Galicia presentarán no noso local o informe sobre Racismo e Xenofobia na Coruña 2022.
Ao longo do pasado ano 2022 rexistramos novamente na Oficina de Información e Denuncias (OID) de SOS Racismo Galicia unha serie de vulneracións contra persoas migrantes e/ou racializadas que viven na cidade da Coruña e a súa área metropolitana. Por iso, como cada ano, SOS Racismo presenta a análise e revisión destas vulneracións de dereitos recollidas e xestionadas dende a OID. Unha vez máis farase un repaso da tipoloxía que se usa para o rexistro das mesmas, comentarase en cales ámbitos se deron con máis frecuencia e cales foron os tipos de discriminación rexistradas. Ademais comentaranse algúns casos específicos para humanizar estas cifras e non deixar ás persoas como simples estatísticas.
Se tes interese en asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario: