08

Xuñ

Asemblea Aberta de Iniciativa Galega pola Memoria

18.30 h

Iniciativa Galega pola Memoria

Iniciativa Galega pola Memoria, da que forma parte ACAB, lanzou a campaña DEFENDE MEIRÁS, cunha recollida de apoios a un manifesto e envío masivo de correos á Xunta para que amplíe a declaración de BIC do pazo de Meirás, para impedir que os Franco poidan retirar enseres valiosos do Pazo.

Por outra parte, convocou un acto en Meirás para sábado, 19 de xuño. Para preparar ese acto do día 19, convócase unha asemblea aberta de organizacións políticas e sindicais, entidades memorialistas, culturais e asociacións de todo tipo da área metropolitana da Coruña. Esta asemblea terá lugar o martes, 8 de xuño ás 18.30 horas no noso local (Olmos, 16-1º).

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies